Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A incubadora do Clúster TIC, NodeHub, pecha o seu primeiro programa con éxito
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A incubadora do Clúster TIC, NodeHub, pecha o seu primeiro programa con éxito

S. P.
Publicado: 01/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

nodehub_1727278222018_20240930141149_20240930141302.jpgO pasado 25 de setembro a Cidade das TIC da Coruña acollía a clausura da primeira edición do NodeHub, o programa de incubación impulsado polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) Emprende e o Clúster TIC Galicia. Así, ao longo da xornada, na que se celebrou un DemoDay clustertic, os e as emprendedoras participantes tiveron a oportunidade de presentar os seus proxectos tecnolóxicos innovadores perante investidores e membros do ecosistema TIC galego co obxectivo de acadar o financiamento preciso para poder levar a cabo as súas propostas.
Logo das sesións pitching foi a quenda do xurado, composto por expertos en innovación, emprendemento e capital de risco para determinar os tres mellores proxectos do programa:
CertyChain, de Sara Chao, obtivo o primeiro premio. Trátase dunha aplicación baseada en blockchain para a sinatura e verificación de documentos dixitais, achegando seguridade e transparencia nos procesos legais e contractuais.
O segundo galardón foi para Vestigium Capital, de Juan Carlos Pérez, unha plataforma de xestión de fondos de investimento baseada en Intelixencia Artificial (IA) para optimizar a xestión financeira. Adrián Caridad, coa súa proposta ClaramenteTú, acadou o terceiro recoñecemento. O seu proxecto pretende axudar a nais e pais a educar aos seus fillos nunha xestión correcta e saudable das súas emocións.
Para elixir gañadores o xurado tivo en conta o carácter innovador das diferentes propostas, a súa aplicación a diferentes sectores, a viabilidade técnica, o potencial de mercado ou a escalabilidade. Engadir que o equipo encargado de deliberar estaba composto por: Pablo Lombardero, analista de investimentos en Unirisco, Fany Suárez, subdirectora de Inversións e Startups do IGAPE, Roberto Touza, CEO de Startups.st, Daniel Prieto, socio fundador e general partner de Noso Capital, e Teresa Somoza, do Servizo de Promoción Cultural do Concello da Coruña.
Cómpre salientar outros proxectos presentados na xornada, é o caso de Etnobotanic, de Josefina Anllo Naveiras. Trátase dunha app que aborda o deterioro cognitivo empregando etnobotánica e realidade aumentada. Combina a tradición medicinal das plantas con tecnoloxía moderna para axudar ás persoas a xestionar mellor a súa saúde mental.
Orange Legal, de James Orange-Bromehead. É unha plataforma educativa para ensinar inglés xurídico a profesionais mediante autoestudo, mentorías e sesións grupais.
Drakkar Ship Tech, de Lara García Yáñez. Propón un servizo integral de aprovisionamento a buques, que abrangue desde alimentos ata repostos. No futuro aplicarase a iates, cruceiros e pesqueiros, integrando tecnoloxía e-commerce e loxística personalizada.
Tallki, de Mónica Papp Paz. Presenta unha plataforma de creación de camisetas interactivas usando tecnoloxías emerxentes como realidade aumentada e outras experiencias inmersivas.
Livddans, de Laura Iglesias López. A súa idea consiste nunha web para entusiastas do baile que combina clases, contidos personalizados e IA que segmenta intereses individuais.
AGG by ArtGonuts, de Javier Toral Conde. Propón un proxecto para conectar a turistas con experiencias culturais locais a través de museos e outros activos culturais.
Vissiona, de Francisco Javier Holguín Santiago. Achega formación e consultoría en IA para pemes, axudándoas a implementar esta tecnoloxía nas súas operacións.
CT-Soil Project, de Carlos Otero Esmorís. Trátase dun proxecto biotecnolóxico que simplifica a transferencia de tecnoloxía a solucións agrícolas populares, axudando aos usuarios a mellorar a sostibilidade das súas prácticas.
Shuttle, de Jacobo Díaz Lemus. Propón un software para xestionar e automatizar a creación de contido para influencers e creadores, utilizando Intelixencia Artificial para optimizar o seu traballo.
Human Hub, de Juan de Dios Barrios Lugo. Consiste nun hub educativo en liña para deseñar bootcamps de UX, UI e CX.
Tvastar Digital Hub, de Alfonso Rodríguez Gómez. Ideou unha plataforma de xestión empresarial en liña para autónomos e microempresas, coa aplicación de IA. En resumo, o programa de incubación de Node Hub remata así a súa primeira edición, con catorce startups e emprendedores participantes, que ao longo dos últimos catro meses recibiron o apoio, a formación e a mentorización necesarios para impulsar os seus proxectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?