Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O obradoiro de emprego Appventures deixa en Santiago tres aplicacións de Realidade Virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O obradoiro de emprego Appventures deixa en Santiago tres aplicacións de Realidade Virtual

S. P.
Publicado: 01/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

presentacion_app_santiago.jpgO obradoiro de emprego Appventures, impulsado polo Concello de Santiago para mellorar a formación da xuventude local en materia de novas ferramentas de comunicación e información, chegou ao seu remate logo de doce meses de traballo e formación avanzada.
Fíxoo, por unha banda, coa entrega de diplomas aos mozos e mozas participantes, e, pola outra, coa presentación das apps desenvolvidas polo alumnado ao longo da súa estadía no programa: tres aplicacións móbiles de Realidade Virtual sobre a Praza de Abastos e a senda peonil de Sar que se desenvolveron ao abeiro do programa, e que se suman á aplicación xa presentada e en funcionamento desde o pasado mes de agosto sobre o Museo do Pobo Galego.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu este 1 de outubro o acto de entrega de diplomas, no que tamén participou o director territorial de Emprego na Coruña, Juan José Couce. A tenenta de alcaldesa loou o traballo feito polo alumnado “que nos deixa unhas aplicacións de alto nivel, mostra de todo o aprendido e de que os mozos e mozas están preparados para que esta sexa a súa actividade profesional nun futuro”. María Rozas salientou que estes obradoiros de emprego “son proveitosos para o alumnado pero tamén para o conxunto da veciñanza, que recibe valiosas herdanzas como as apps que hoxe presentamos, que serven para poñer en valor e para que coñezamos mellor e doutra maneira espazos moi salientables de Santiago”.
appventures_santiago.jpgO programa Appventurers combinou a formación co traballo, de maneira que o alumnado recibiu formación ao tempo que estaba contratado para realizar un traballo real.
A primeira das aplicacións, PoboAR, permite explorar o Museo do Pobo Galego, con Rosalía de Castro e Castelao como guías virtuais, encargados de explicar os diferentes espazos expositivos.
A segunda ferramenta creada polo alumnado do obradoiro de emprego leva por nome PraceAR, e ofrece información sobre os produtos á venda no mercado, curiosidades sobre a Praza de Abastos, e información con vídeos exclusivos sobre a historia do mercado.
Por último, desenvolveuse SAR, unha aplicación móbil que pretende converter nunha aventura o paseo pola senda do Sar. Para iso, hai que escanear as imaxes dos pictogramas agochados pola senda, cada un deles dedicado a unha personaxe convidada ao Banquete de Conxo, como Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal ou Luís Rodríguez Seoane. Cada un deles dará unha pista para atopar o seguinte pictograma e, a maiores, a app inclúe unha función “mapa”, cun xogo de geocaching que consiste en atopar uns “caches”, un recipiente que contén un caderno no que cada quen pode rexistrar a súa visita. Ao respecto desta aplicación, María Rozas salientou que “este traballo é case pechar un círculo, porque a senda do Sar e o Banquete de Conxo foron tamén acondicionados ao abeiro dun obradoiro de emprego”.
Appventurers é un programa de emprego destinado a persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil, co-financiado polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 ao 60%. O programa contou cun orzamento de 424.836,96 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?