Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae mergúllanos en novembro nas posibilidades de control e xestión de Git
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae mergúllanos en novembro nas posibilidades de control e xestión de Git

S. P.
Publicado: 01/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

git_vitae-2.jpgVitae Consultores vai organizar este mes de novembro a terceira edición do seu curso Git, Control de código compartido, de doce horas de duración. Celebrarase os días 4, 6, 11 e 13 de novembro e achegará recursos de utilidade para manter orde, equilibro e control no noso traballo desenvolvedor, mantendo a raia as incertezas derivadas dos cambios, revisións, aprobacións e voltas atrás na cadea de produción de programa de proxectos, ao que se suma a participación de equipos cada vez máis deslocalizados.
En palabras de Vitae, “manter o control e a xestión do código producido require produtos, servizos e protocolos á altura, e o sistema Git permite isto e moito máis, sobre todo ao agrega a capacidade de servizos como GitHub ou GitLab e fluxos de traballo estándar como gitFlow”.
git_coding_vitae-2.jpgOs obxectivos deste curso son axudarnos a comprender os fundamentos do sistema de control de código compartido Git e e a dominar os comandos básicos para traballo individual e en equipo. Tamén se busca que coñezamos os workflows máis utilizados en proxectos profesionais e axudarnos a distinguir as capacidades das distintas plataformas de servizos.
O curso, de 12 horas lectivas, celebrarase en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
A actividade formativa será impartida por Jorge González, enxeñeiro técnico industrial especializado en electrónica, con 22 anos de experiencia como analista programador e máis de 14 anos como formador de tecnoloxías web e de mobilidade. Conta cun amplo coñecemento en ferramentas e linguaxes como HTML5, PHP, JavaScript, Flex, Backbone, Angular, Ionic, Symfony, Drupal, WordPress, Flex, Flash, Animate, Phonegap, etc… Na súa faceta de formador estivo sempre ligada á súa experiencia profesional. Entre as empresas e organismos que asesorou ou formou atópanse Google, Linkedin, FC Barcelona, La Caixa, Nike, Cola Cao, Pronovias, Volkswagen, Capgemini, Grupo Antolín, Gas Natural, Indra, Deloitte, La Voz, Plexus, Disashop, Softtek, Teimas ou Qindel, entre outras entidades.
Que é Git?
git_coding_vitae_1.jpg Git é o sistema de control de versións moderno máis utilizado do mundo. Trátase dun proxecto de código aberto maduro e cun mantemento activo que desenvolveu orixinalmente Linus Torvalds, o creador do kernel do sistema operativo Linux, en 2005. Salienta pola súa eficiencia e flexibilidade e, tamén, pola súa capacidade para xestionar proxectos de calquera tamaño. Git permite aos desenvolvedores realizar un seguimento dos cambios no código fonte ao longo do tempo, facilitando a colaboración entre equipos ao proporcionar un historial detallado de modificacións. Ademais, o seu enfoque distribuído posibilita que traballemos localmente co noso propio repositorio completo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?