Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O obradoiro de emprego Terras de Iria formou a 15 mozas e mozos en páxinas web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O obradoiro de emprego Terras de Iria formou a 15 mozas e mozos en páxinas web

S. P.
Publicado: 02/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20241001_rois_padron_clausura_obradoiro_xuventude_terras_de_iria_2023-11-1300x867.jpgO alcalde de Rois, Ramón Tojo, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén Docampo, clausuraron este 1 de outubro o obradoiro de emprego Terras de Iria 2023, no que 15 mozos e mozas de Rois, Padrón e Dodro formáronse durante o último ano na confección e publicación de páxinas web. O obradoiro contou cunha achega da Xunta de máis de 498.000 euros. O traballo feito polo alumnado queda recollido na web do obradoiro.
Na clausura, ademais de Belén do Campo e Ramón Tojo, tamén participaron o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o de Dodro, Xabier Castro, así como o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce.
20241001_rois_padron_clausura_obradoiro_xuventude_terras_de_iria_2023-3-1300x867.jpg Ramón Tojo agradeceu ao alumnado a súa implicación durante este obradoiro: “Sabemos que traballastes arreo e vos formastes nun sector que está en auxe e que cada vez necesita máis profesionais”. Tojo puxo en valor a colaboración dos tres concellos para poñer en marcha estas iniciativas “que benefician a nosa veciñanza e a xente moza coma vos”, e lembrou que este e o quinto obradoiro de emprego dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos.
Pola súa banda, Belén do Campo, puxo en valor o papel destes obradoiros na formación teórico-práctica para mellorar a empregabilidade das persoas participantes ao tempo que contribúen a mellorar servizos para a cidadanía. A delegada da Xunta lembrou aos participantes no obradoiro que o certificado de profesionalidade que recibiron “ten validez en toda España” e axudaralles a incorporarse ao mercado laboral.
20241001_rois_padron_clausura_obradoiro_xuventude_terras_de_iria_2023-5-1300x865.jpgO alumnado do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2023 desenvolveu traballos como a ampliación da web Coñece Terras de Iria, incorporando percorridos virtuais, creando roteiros en bicicleta polos tres concellos, publicitando a súa actividade comercial e inventariando as instalacións deportivas dos mesmos. Ademais, realizaron un manual explicativo desta páxina web, crearon plans de voo para drons e zonificaron as áreas de fauna e flora de Rois, Padrón e Dodro. A delegada subliñou a importancia destes traballos que, dixo, “permitirán dar un salto cualitativo a esta web para ofrecer máis e mellores servizos a todos os visitantes que queren achegarse e coñecer estes tres concellos”.
Belén do Campo tamén resaltou que estes obradoiro reforzan a colaboración institucional entre a Xunta e os concellos, e confirmou que os tres concellos de Terras de Iria volverán contar este ano cun novo obradoiro para formar a mozos e mozas de 18 a 30 anos de Rois, Padrón e Dodro grazas a un apoio da Xunta de máis de 411.000 euros. Este obradoiro xa ten preseleccionado ao alumnado participante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?