Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A FP galega incorpora unha ferramenta IA para recrear situacións reais en inglés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A FP galega incorpora unha ferramenta IA para recrear situacións reais en inglés

S. P.
Publicado: 03/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20241003fpintelixenciaartificial_5_.jpgA Consellería de Educación vai incorporar á Formación Profesional galega a que sería, en palabras do conselleiro Román Rodríguez, “a primeira ferramenta de Intelixencia Artificial nestes ensinanzas para que os alumnos poidan recrear na aula situacións reais en inglés a través dunha interface en 3D que lles permite interactuar con avatares en distintos escenarios que simulan patróns do día a día”.
En base a esta ferramenta, o alumnado poderá mergullarse nunha chea de situacións e problemáticas personalizadas polos seus profesores coas particularidades correspondentes segundo a familia profesional de que se trate, e “ás que deberán enfrontarse neste idioma inglés ao igual que se estiveran vivindo unha situación real”, explicou Rodríguez, que presentou este proxecto este xoves 3 de outubro no Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros, en Ourense.
20241003fpintelixenciaartificial_2_.jpgRomán Rodríguez, que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, subliñou a potencialidade que ofrece a IA no eido educativo na medida que en permite o deseño de recursos didácticos personalizados e a aplicación de metodoloxías innovadoras na aula como é o caso do proxecto presentado, que se encadra no ensino de idiomas no eido da Formación Profesional.
O conselleiro tamén destacou outros avances do Goberno galego en tecnoloxías e formación, como a constitución do grupo de traballo para o deseño dun marco ético do emprego da IA no eido educativo e, deste xeito, “abordar os riscos que se poden producir”. Sinalou, así mesmo, que “Galicia foi pioneira na creación de dúas materias específicas de IA para 4º de ESO e 1º de Bacharelato, e referiuse tamén á implantación do Grao en Intelixencia Artificial nas universidades e á oferta de mestrados en Intelixencia Artificial e Big Data na FP”.
20241003fpintelixenciaartificial_7_.jpg O proxecto Vetinen de aplicación da Intelixencia Artificial á FP arranca cunha proposta piloto para o ciclo de xestión de aloxamentos turísticos da familia profesional de Hostalería e Turismo e nela participarán os alumnos dos sete centros integrados de FP que imparten este ciclo en Galicia: Paseo das Pontes (A Coruña), Fraga do Eume (Pontedeume), Compostela (Santiago), Vilamarín (no concello do mesmo nome), A Farixa (Ourense), Manuel Antonio (Vigo) e Carlos Oroza (Pontevedra).
Esta fase piloto, que irá de outubro a decembro, abrangue a preparación da plataforma para a súa posta en servizo (coa configuración de escenas e preparación de actividades), a formación do profesorado para que poida levar a cabo as probas, a realización das probas por parte dos alumnos e a análise dos resultados das mesmas. A partir de aí, a Consellería prevé estender esta ferramenta ao resto das familias profesionais.
20241003fpintelixenciaartificial_1_.jpg Nesta primeira experiencia, o profesorado poderá incorporar situacións personalizadas na que os alumnos manterán unha interacción fluída con avatares adaptados a situacións habituais con clientes e provedores de servizos como, por exemplo, novos clientes que chegan ao hotel para realizar o check-in; clientes xa hospedados que requiren servizos ou información concreta ou persoal de hotel que se atopa ante determinados problemas imprevistos que hai que resolver. En todos os casos, os alumnos poderán, a través da interface en 3D, interactuar co avatar correspondente para abordar cada escena e achegar solucións, sempre en inglés, para garantir a práctica desta competencia lingüística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?