Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carmen Cotelo (GAIN) visitou o CiTIUS e salientou o seu papel referente en IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carmen Cotelo (GAIN) visitou o CiTIUS e salientou o seu papel referente en IA

S. P.
Publicado: 03/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gain_cotelo_241001_citius_x-5.jpgO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, visitaron este 1 de outubro o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), da Universidade de Santiago de Compostela, que puxeron en valor como “un dos centros referentes de Galicia na investigación da Intelixencia Artificial, especialmente no eido das tecnoloxías lingüísticas, o ámbito de maior impacto actual neste eido”.
Guiados polo director científico do centro, Senén Barro, afondaron nas investigacións que xiran arredor dos dispositivos e a computación verde e intelixente, así como nos fundamentos da IA. Ademais, coñeceron o traballo do centro en materia de marcos éticos, sociais, económicos e culturais para facer da “Intelixencia Artificial unha ferramenta confiable”.
cotelo_gain_241001_citius_x-1.jpgLembraron que a Xunta está a investir case 6M€ neste centro, un dos 13 que compoñen a rede de Centros de Investigación de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia. Grazas a este apoio, os máis de 100 investigadores que traballan no CITIUS están a desenvolver iniciativas como o Proxecto Nós para incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais. Entre outras actuacións destacadas, tamén traballan en proxectos arredor da monitoraxe preditiva e causalidade para rehabilitación cardíaca ou de observación e predición da calidade do aire a escala urbana.
Díez e Cotelo destacaron a estratexia de transferencia do CITIUS baseada na cooperación co sector industrial a partir dos seus resultados científicos. No ano 2023, asinou 13 novos contratos, por un valor de máis de 2,6M€ con empresas como Avensis, Finsa ou Repsol. Ademais, no período 2020-23 captou 16,5M€ en convocatorias competitivas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?