
Tralo congreso Polymer Processing 2024, celebrado no Campus Industrial de Ferrol da UDC, a comunidade OpenFOAM Ibérica celebra no mesmo Campus o 6º FOAM@Iberia Meeting, que arrancou este xoves 3 de outubro e que se se celebra tamén este venres 4 de outubro.
Organizado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e o Centro de Innovación Tecnolóxica en Construción e Enxeñaría Civil (CITEEC),e dirixido por Anne Gosset, este evento reúne a persoas expertas e usuarias da comunidade OpenFOAM de España, Portugal e doutros países.
OpenFOAM (Open source Field Operation And Manipulation) é un software libre e de código aberto especializado na simulación de dinámica de fluídos computacional (CFD), que permite modelar procesos complexos como o fluxo de fluídos, a transferencia de calor ou as reaccións químicas.
O evento ofrece presentacións sobre os últimos avances nas librarías OpenFOAM e as súas aplicacións en sectores como as enerxías renovables, a enxeñaría mariña e o procesamento de materiais. Entre as presentacións máis destacadas están as de Johan Roenby (Roskilde University, Dinamarca) e Lilla Koloszar (von Karman Institutede, Bélxica). Ademais, o encontro conta co patrocinio de Rdtingenieros, Engys, HPCNow! e atNorth, empresas de referencia no ámbito da simulación e da computación.
A comunidade do software libre OpenFOAM dáse cita estes días no Campus de Ferrol
Compartir Este Artigo

