Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Enerdixital presentará en Santiago as oportunidades da IA no sector enerxético galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Enerdixital presentará en Santiago as oportunidades da IA no sector enerxético galego

S. P.
Publicado: 04/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

enerdixital1.jpgA profunda transformación que a Intelixencia Artificial pode aplicar (e aplica xa) aos sectores enerxético e industrial de Galicia será un dos eixos principais do Congreso Enerdixital, foro de debate organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL) que terá lugar do 9 ao 10 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago.
“As nosas empresas teñen que entender que a Intelixencia Artificial é unha oportunidade, non un perigo”, asegura Oriol Sarmiento Díez, xerente de CLUERGAL, engadindo que “durante eses días contaremos cos mellores expertos que nos explicarán como evoluciona esta tecnoloxía e como a súa aplicación nos sectores industrial e enerxético ofrece oportunidades sen precedentes para optimizar procesos, reducir custes e mellorar a eficiencia operativa das empresas galegas”.
Seguindo o fío das posibilidades que abren as tecnoloxías, Sarmiento explica que “no sector industrial, a IA está revolucionando a forma en que se deseñan, fabrican e xestionan os produtos; desde a automatización avanzada ata o mantemento predictivo, as tecnoloxías baseadas en IA están permitindo meirandes precisión, flexibilidade e personalización nas cadeas de produción”.
Isto é aplicable ao sector enerxético, afirma, explicando que neste eido “as solucións de Intelixencia Artificial están a optimizar a xeración, distribución e consumo de enerxía, facilitando a transición cara fontes renovables e mellorando a xestión da rede eléctrica”.
De todo o devandito tratarase en Enerdixital da man dos maiores expertos na materia, adianta o xerente de CLUERGAL.
Aplicacións e casos prácticos e reais
Durante o congreso presentaranse tanto aplicacións da IA no sector enerxético como casos prácticos sobre a súa utilización para, por exemplo, comunidades enerxéticas ou protección da avifauna nos parques eólicos. Botarase luz, tamén, sobre a creación de novos materiais, a redución de custes, a mellora da eficiencia operativa e a optimización do uso da enerxía, melloras que son posibles grazas á aplicación da IA, unha tecnoloxía que “pode analizar datos en tempo real de baterías, centrais hidroeléctricas de bombeo ou tanques de almacenamento eléctrico”, explica Sarmiento, engadindo que estamos ante “un sector, o da demanda de centros de datos, que crece de forma exponencial da man da IA e onde se estima que a demanda de grupos electróxenos ou sistemas de subministro de enerxía ininterrumpida vinculada aos data centers experimentará un crecemento anual superior ao 10% ata o 2030, cunha cifra de negocio mundial por riba dos 400 billóns de euros”.
Transición enerxética e dixitalización
enerdixital2.jpg A transición enerxética e a dixitalización dos sectores enerxético e industrial serán os outros dous eixos de debate no congreso Enerdixital. Así, a Cidade da Cultura de Santiago acollerá a presentación dos principais avances ata a data no cambio de modelo enerxético, mobilidade eléctrica ou alumeado público. Ademais, debaterase sobre outras tecnoloxías como a ciberseguridade ou a Realidade Virtual, innovacións na xestión de sistemas enerxéticos híbridos, dixitalización de redes eléctricas e se presentarán casos prácticos de éxito de dixitalización en empresas como Navantia ou Reganosa.
Enerdixital converterá a Compostela no punto de encontro dos mellores profesionais e das empresas máis innovadoras de España, que aproveitarán este foro para presentar ante máis de 300 especialistas os últimos avances destes sectores claves para o presente e o futuro de Galicia (enerxía, industria e dixitalización) e que se atopan nun estado de innovación permanente. A maiores contará con espazos para realizar contactos entre profesionais, empresas, administracións e público en xeral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?