En 2023 a Comisión de Seguridade Electrónica de Australia solicitou a X información sobre as medidas que a plataforma tiña adoptado para loitar contra a pornografía infantil, ao que a compañía de Elon Musk negouse argumentando que non tiña que asumir as obrigas de Twitter a tal respecto xa que esa compañía deixou de existir ao terse transformado en X.
Finalmente os tribunais entenderon que os argumentos de X non tiñan base algunha, polo que esíxenlle as costas xudiciais e o pagamento de sancións por incumprir as súas obrigas de transparencia, o que estaría preto dos 530 mil dólares australianos (un 329 mil euros).
Tras a compra de Twitter por parte de Elon Musk reducíronse os investimentos en seguridade e moderación de contidos, provocando unha deriva da plataforma que cada vez está a atopar máis rexeitamento por parte das autoridades, que pouco a pouco están a facer efectivas sancións pola administración neglixente dunha plataforma social ao non tomar as medidas mínimas para garantir a súa seguridade argumentando de forma paradoxal que é para defender a liberdade de expresión (mentres que nos territorios con réximes políticos autoritarios a plataforma non ten reparo para eliminar contidos).
Sancionan a X por non colaborar na loita contra a pornografía infantil en Australia
Compartir Este Artigo

