Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este mércores 9 abre as súas portas a cita tecnolóxica DevFest Santiago 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este mércores 9 abre as súas portas a cita tecnolóxica DevFest Santiago 2024

S. P.
Publicado: 07/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dev_fest_galicia.jpgAo longo deste mércores 9 e deste xoves 10 de outubro, entre as 16.30 e as 20.30 horas, celebrase o DevFest Santiago de Compostela 2024, un dos maiores eventos tecnolóxicos de Galicia, que contou na edición de 2023 con máis de 200 asistentes e 30 relatores.
Segundo lembran dende a organización, os DevFest son eventos gratuítos a grande escala organizados por todo o mundo, “polo que non hai dous DevFest iguais”.
No caso do DevFest Santiago de Compostela 2024, o lugar de celebración será a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela. Alí, profesionais, estudantes e aficionados ás tecnoloxías máis avanzadas, compartirán coñecementos e ideas en torno á Intelixencia Artificial e o desenvolvemento web, eixos temáticos do evento.
dev_fest_santiago.jpg As persoas asistentes poderán asistir a unha chea de charlas e obradoiros prácticos pensados para público de todo tipo, dende persoas expertas ata xente allea ao sector. As sesións serán impartidas por destacados profesionais, contando coa presenza de Google Developer Experts, creadores de contidos dixitais, especialistas en IA e tecnoloxías web, entre outros relatores de alto nivel.
Igualmente, ademais de ter o apoio de Google e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, o evento conta co patrocinio de empresas de renome, como Lucushost, Dinahosting ou JetBrains, entre outras. Gracias a elas, ofreceranse refrixerios de balde durante o evento e sortearanse licencias de software entre os asistentes.
O equipo de organización, conformado por Aldán Creo, Judit González, Mateo Bodenlle, Laura Antelo, Sara Castro, Diego Cristóbal e Iago Feijóo, colabora de forma voluntaria para a organización deste festival, cunha estrutura multidisciplinar de estudantes e profesionais do sector.
A reserva de entradas é gratuíta, e debe realizarse dende a propia web do evento, onde tamén se recolle a axenda e información loxística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?