Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un equipo do CITMAGA desenvolve algoritmos con Avincis para combater os incendios forestais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un equipo do CITMAGA desenvolve algoritmos con Avincis para combater os incendios forestais

S. P.
Publicado: 07/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citmaga_equipo_matematicos_incendios_algoritmos.jpgOs matemáticos galegos do CITMAGA (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), impulsado polas tres universidades galegas, están a colaborar no desenvolvemento de algoritmos para optimizar a xestión dos incendios forestais e a seguridade das operacións de extinción, permitindo diminuír a extensión das áreas afectadas, mellorar a coordinación entre os equipos e ampliar o tempo dispoñible para intervir. Subliñar que neste proxecto o CITMAGA traballa con Avincis, referente europeo en servizos aéreos de emerxencia, con base en Alacante.
Esta proposta está financiada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), no marco da Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estratéxica pioneira en Europa liderada pola Xunta de Galicia.
citmaga_equipo_matematicos_incendios_algoritmos_3_perimetro.jpg O equipo do CITMAGA conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de algoritmos matemáticos, estatísticos e computacionais que axuden a mellorar a xestión dos incendios forestais. Unha das investigadoras principais deste proxecto con Avincis é María José Ginzo, profesora de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago. Ela indica que están a crear “novos algoritmos específicos para optimizar a detección do perímetro do incendio, para mellorar a planificación de medios aéreos, e a detección combinada de posicións de aeronaves e brigadistas”. Asemade, xa conseguiron mellorar outros algoritmos desenvolvidos previamente para analizar a recorrencia de incendios, así como o cálculo da eficiencia das descargas de auga. A finalidade é mellorar a precisión na detección de incendios, a eficiencia dos recursos despregados e a seguridade. Segundo a investigadora, “estes algoritmos céntranse na aplicación de técnicas avanzadas de análises de datos, incluíndo imaxes térmicas, algoritmos de optimización e aprendizaxe automática”. Alén disto, sinala que achegaron melloras nos algoritmos existentes, optimizando a planificación de recursos, o cálculo das traxectorias que deben realizar as aeronaves e a análise de riscos de incendio.
citmaga_equipo_matematicos_incendios_algoritmos_2_rutas_de_escape.jpg Engadir que o proxecto tamén ten como meta o desenvolvemento dun sistema automático que permita analizar a variabilidade das pegadas das descargas de auga, contribuíndo á avaliación precisa da eficacia das intervencións aéreas.
Os novos algoritmos abranguen a creación de mapas de calor e mapas de risco, a detección en tempo real do perímetro do incendio, a estimación das traxectorias das aeronaves e o desprazamento do incendio, así como a planificación óptima de recursos aéreos. Doutra banda, desenvolverán algoritmos para avaliar a eficacia das descargas de auga, analizar a rexeneración pos-incendio e proporcionar métricas clave para o seguimento das operacións de extinción.
citmaga_equipo_matematicos_incendios_algoritmos_1_evolucion_incendio.jpg “Os resultados destes proxectos serán clave para o desenvolvemento de tecnoloxías que optimicen os esforzos na extinción de incendios. Isto permitirá diminuír a extensión das áreas afectadas, incrementar a seguridade dos equipos de brigadas, mellorar a coordinación durante as operacións de extinción, ampliar o tempo dispoñible para intervir e engadir novos recursos aéreos na loita contra grandes incendios forestais. Amais, lograrase reducir os custos de investimento, operación e mantemento, ao mesmo tempo que se incrementa a cobertura e a eficiencia do servizo”, sinalaba a encargada do equipo do CITMAGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?