Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A II Festalent reúne este xoves máis de 40 firmas e institucións no Campus de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A II Festalent reúne este xoves máis de 40 firmas e institucións no Campus de Ferrol

S. P.
Publicado: 08/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

festalent_2024.jpgA segunda edición da Feira de Empresas e Talento Festalent reúne este xoves 10 de outubro, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 18.30 horas, a máis de 40 empresas e institucións no Pavillón Municipal de Esteiro da man do Campus Industrial da Universidade da Coruña quen promove, un ano máis, unha iniciativa que pretende “dar visibilidade ás empresas da contorna e tecer pontes de contacto co alumnado universitario que está a buscar a súa primeira oportunidade laboral”.
Neste espazo, e como novidade nesta segunda edición, haberá un córner dedicado exclusivamente ao emprendemento, no que o público asistente poderá coñecer de primeira man tres proxectos nados no Campus Industrial de Ferrol: Savalé, unha marca de bolsos feitos a man con distintos tipos de teas e totalmente personalizables, Le-Éclat, unha marca de accesorios e complementos e PlatyFrog, un videoxogo de aventuras e plataformas 3D, todas elas iniciativas emprendedoras lideradas por alumnado da Facultade de Humanidades e Documentación e máis da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).
Conferencias, mesas redondas e obradoiros
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, de xeito paralelo, pola mañá, unha conferencia sobre emprendemento impartida pola co-fundadora da empresa de enxeñaría CESAC, Soledad Somoza, dúas mesas redondas centradas no papel dos colexios profesionais e nas perspectivas de emprego sectorial desde o punto de vista da empresa, respectivamente, así como un obradoiro de marca persoal impartido pola Fundadora de Strategia Online e EME Escuela de Marketing, Begoña Rodríguez. A primeira das mesas redondas, prevista para as 10.30 horas, estará moderada polo director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás, e nela participarán o director de Xestión do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos (COIN), Javier Molina Grijalba; o director de Xestión do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Pablo Pérez Vázquez; e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR), Macario Yebra Lemos.
Pola súa banda, a segunda mesa redonda dará comezo ás 13:00 horas e baixo o liderado da presidenta da Asociación de Empresarios Novos de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE Ferrolterra), Yadira Tenreiro. Nela intervirán o secretario xeral de COINTEGA – Clúster Gallego Textil Moda, Alberto Rocha; o responsable de Transformación Dixital para o Sector Naval de Siemens Digital Industries Software no Centro de Excelencia do Sector Naval (CESENA), Juan Oliveira; o secretario do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL), Nonito Aneiros; e o directivo da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), Carlos Moreira García.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?