Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As asociacións de escritores suman forzas en defensa dos dereitos de autoría ante o auxe da IA xenerativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As asociacións de escritores suman forzas en defensa dos dereitos de autoría ante o auxe da IA xenerativa

S. P.
Publicado: 08/10/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

chatgpt-libros-834x417_literatura_ia_generativa_xenerativa.jpgA Conferencia de Asociacións de Escritoras e Escritores, integrada por 15 organizacións autorais e case 10.000 creadores literarios (escritores e tradutores) en cinco linguas do Estado español (asturiano, éuscaro, catalán, castelán e galego), vén de formalizar unha declaración pública relativa a unha das tecnoloxías que experimenta meirande proxección no ámbito da creación en todas as súas manifestacións: a Intelixencia Artificial Xenerativa (IAX). O texto da Conferencia, na que se integra a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), esixe que “os usos dos libros e outras publicacións con dereitos de autoría e protexidas pola Lei de Propiedade Intelectual, tanto se son para probas como para a explotación comercial da IAX, se rexan polos principios de autorización, remuneración e transparencia”.
Na declaración as asociacións queren trasladar á opinión pública, aos partidos políticos e aos gobernos locais, autonómicos e estatal, a súa “profunda preocupación” polo que consideran “unha alarmante falta de recoñecemento do valor esencial (moral e xurídico) dos dereitos de autoría e dunha remuneración acaída pola utilización das nosas obras nos máis diversos ámbitos da sociedade, de xeito moi especial nun mundo dixital altamente globalizado e cunha moi precaria lexislación na materia”.
Engaden que partimos duns precedentes que deberan ternos sobre o aviso: “A experiencia histórica demóstranos que a dixitalización incontrolada baseada no uso non autorizado nin comunicado das nosas obras causou un grave prexuízo á creación e á innovación, acentuando deste xeito a desvantaxe competitiva que padecemos con respecto ás nosas e nosos colegas da maioría dos países europeos”.
Salientan na declaración que as obras de escritores e tradutores “non son simples datos susceptibles de se converteren en algoritmos, son a base da nosa democracia, da nosa cultura, do noso coñecemento e ciencia, e deben ser tratados, valorados e remunerados como tales”. E engade que “un escritor ou tradutor inviste anos estudando, analizando e consultando centos de fontes para poder escribir ou traducir unha obra, un labor que hoxe en día non é recoñecido nin é remunerado”.
A modo de exemplo, o último informe da Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) sobre a remuneración polo préstamo dos libros nas bibliotecas destaca que o Estado español é, xunto con Xeorxia, onde menos se remuneran escritores e tradutores por este uso das nosas obras.
“A esta situación”, explican, “temos que engadir unha realidade omnipresente: a implantación da Intelixencia Artificial Xenerativa (IAX) e a necesidade, por parte das grandes plataformas e desenvolvedores, de usar unha ilimitada cantidade de obras, como os libros, os artigos publicados en diferentes medios e, en xeral, todos os materiais derivados da actividade profesional dos creadores literarios, foren escritores, tradutores ou dramaturgos”.
Sinalan tamén que “nos últimos anos, o desenvolvemento do IAX está a sentar as bases dunha nova forma de explotación das nosas creacións que afecta ao contrato social do conxunto da cidadanía, utilizando métodos e prácticas non suxeitas a ningún principio salvo o beneficio económico, nalgúns casos próximas ao saqueo masivo de contidos suxeitos á lexislación antes mencionada, cuxo uso e efectos no futuro non só ignoramos os autores, senón todos nós”. Por iso, exixen “que todos os sectores asuman a necesidade imprescindible dun firme compromiso de salvagardar os nosos intereses como creadores e respectar o produto do noso traballo, base fundamental do tecido cultural e da industria que o sustenta e da Lei de IA da Unión Europea, primeira normativa supraestatal que, aínda que xeito insuficiente por agora, comezou a contemplalo”.
Esta esixencia, apuntan, “non só vai dirixida ao sector privado e aos grandes operadores e desenvolvedores que actúan no espazo global de Internet, mais tamén, e dun xeito moi especial, ao sector público, para asegurar que o uso de obras literarias e xornalísticas, tanto para as probas da IAX como para a explotación posterior, se basee nas recomendacións feitas públicas polo Consello Europeo de Escritores (EWC) o pasado 27 de xullo”.
A declaración inclúe as seguintes peticións do colectivo:
1. Respecten, protexan e valoren os dereitos de autoría de escritores e tradutores como resultado do heroico traballo de escribir hoxe en día.
2. Recoñezan dunha vez unha remuneración acaída polos nosos dereitos de acordo co seu valor e o esforzo que investimos en xeralos.
3. Teñan en consideración as dez recomendacións que, en relación cos usos das obras literarias pola IAX, o Consello Europeo de Escritores aprobou e trasladou ao Parlamento Europeo.
Quen fai parte da Conferencia?
Asociación Aragonesa de Escritores (AAE), Asociación Colegial de Escritores de España (ACE), Associació Col·legial d’Escriptors de Catalunya (ACEC), Asociación de Escritores y Escritoras de Asturias (AEA), Asociación de Escritores de Castilla La Mancha (AECLM), Asociación de Escritores de Euskadi – Euskadiko Idazleen Elkartea (AEE-EIE), Asociación de Escritores y Escritoras de Extremadura (AEEX), Associació d”Escriptors en Llengua Catalana (AELC), Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Asociación Navarra de Escritoras – Nafar Idazleen Elkartea (ANE-NIE), Asociación Riojana de Escritores (ARE), Asociación Valenciana de Escritores y Críticos Literarios (CLAVE), Euskal Idazleen Elkartea (EIE), Nueva Asociación Canaria de Escritores (NACE) e Sociedad Cántabra de Escritores (SCE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?