Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Vilagarcía oferta un curso de balde para a pilotaxe de drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Vilagarcía oferta un curso de balde para a pilotaxe de drons

S. P.
Publicado: 08/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilagarcia_formacion_drons_sts.jpgDende a Concellería de Emprego de Vilagarcía anuncian a posta en marcha dun curso gratuíto de formación de pilotos profesionais de drons STS de cara a súa integración laboral no sector turístico. Así, o departamento oferta 15 prazas para participar na actividade que se desenvolverá en novembro en horario de tarde e que permitirá aos asistentes obter a titulación correspondente de pilotaxe de drons STS.
As persoas interesadas teñen que inscribirse presentando unha solicitude xenérica de maneira presencial no Rexistro Xeral do Concello ou de xeito telemático a través da web do Concello de Vilagarcía. O trámite debe realizarse os días 14 e 15 de outubro.
Indo á actividade en cuestión, dicir que se atopa inserida nas iniciativas favorecedoras da inclusión, capacitación e adquisición das competencias dixitais que desenvolve o departamento que dirixe Álvaro Carou para promover o emprego en novos nichos laborais relacionados coas novas tecnoloxías.
En canto ás clases, dicir que correrán a cargo da empresa Telore/Aeromar Drones. Cunha duración de 52 horas lectivas, as sesións teóricas impartiranse no Centro Municipal de Formación de Matosinhos, do 8 ao 29 de novembro, os luns, mércores e venres en horario de 16 a 20 horas. As prácticas realizaranse durante as fins de semana, estando prevista a elaboración dunha videoreportaxe para a promoción turística do Concello con vistas tomadas cos drons.
No apartado de condicións para inscribirse ao curso están a obriga de ter cumpridos os 18 anos de idade, dispoñer de certificado dixital e dun dispositivo electrónico (tableta ou ordenador portátil) para a realización dos exames oficiais de pilotaxe de drons STS.
Engadir que, no caso de recibirse máis solicitudes que prazas dispoñibles, as mesmas adxudicaranse mediante sorteo público a través de aplicación informática e do que se levantará acta. Realizaríase o día 29 de outubro ás 10.30 horas no Salón de Plenos do consistorio. O resultado publicarase na sede electrónica do Concello.
Este será o segundo curso de pilotaxe de drons que organiza o Concello de Vilagarcía. A raíz do primeiro, varios dos alumnos participantes crearon a asociación Dronámbulos, colectivo aberto á todas as persoas seareiras da pilotaxe deste tipo de tecnoloxía con uso profesional ou lúdico, e que tamén informa sobre a normativa e requisitos para o uso destes dispositivos. De feito, os membros de Dronámbulos poderán asistir a este novo curso en calidade de colaboradores, asesores ou oíntes.
Para rematar dicir que a formación organízase a través do convenio que o Concello de Vilagarcía ten subscrito coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galician (AMTEGA) e a FEGAMP de cara á xestión do Plan de Reforma e Ampliación da rede de aulas CEMIT na procura da plena capacitación dixital da sociedade galega no período 2022-2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?