Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Energy Days botan luz sobre o imparable proceso de dixitalización da enerxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Energy Days botan luz sobre o imparable proceso de dixitalización da enerxía

S. P.
Publicado: 08/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

inauguracionenergydays2.jpgO presidente do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL), José Ramón Franco, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta, Pablo Fernández Vila, inauguraron na mañá deste 8 de outubro o congreso Energy Days, un foro de debate sobre enerxía, industria e dixitalización que ten lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ata o 10 de outubro e que “nace coa vocación de ser o gran punto de encontro do sector enerxético no nordés peninsular”, segundo José Ramón Franco.
Engadiu que a enerxía, a industria e a dixitalización son tres sectores “que se atopan nun estado de innovación permanente e que nos esixen compartir coñecemento en espazos de colaboración aberta como os Energy Days”. Indicou que “nos últimos anos o binomio de desenvolvemento relacionado coa transición enerxética e a transformación dixital está a cambiar a nosa sociedade e, por suposto, a nosa industria, afectando á estratexia de fabricantes, enxeñerías e empresas de servizos”.
energydays.jpgPola súa banda, Fernández Vila incidiu na importancia de “apostar polas enerxías renovables nun territorio rico nestes recursos como é Galicia e, deste xeito, seguir reducindo a dependencia enerxética do exterior”. Nesta liña, dixo, “a nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia impulsada pola Consellería de Economía e Industria servirá de aval para que esa riqueza natural transfórmese en riqueza social, garantindo que os proxectos que aproveiten os recursos naturais beneficien á cidadanía galega”.
O director xeral tamén fixo referencia á dixitalización, onde a Intelixencia Artificial é unha das principais protagonistas. Neste punto, compartiu a necesidade de dispoñer dun marco ético recoñecible, seguro e aceptado por todos para o seu idóneo desenvolvemento. Por iso, engadiu, “a Xunta está a tramitar a Lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial en Galicia, que converterá á Comunidade na primeira rexión europea en dispoñer dunha regulación única, sistemática e coherente cos principios comunitarios na materia”.
Eficiencia enerxética
A eficiencia enerxética na industria centrou a primeira das tres sesións celebradas na mañá deste 8 de outubro no edificio CINC da Cidade da Cultura. Así, Silvia Fernández, responsable de proxectos da Zona Norte para o Grupo Eurofred, presentou as tendencias tecnolóxicas en sistemas HVAC (calefacción, ventilación e aire acondicionado) e para ACS (auga quente sanitaria), dando unha breve visión dalgúns dos sistemas dispoñibles e que irán aparecendo no sector.
Jorge Boquete, director comercial de Ledison Lighting, presentou as actuacións que se poden realizar para facer máis eficientes instalacións lumínicas en industrias nas que xa se realizaron intervencións previas de mellora da eficiencia enerxética.
Finalmente, Luis Pita, técnico de Planificación e Análise de Repsol A Coruña, presentou o caso concreto de como a eficiencia enerxética foi un piar básico na transformación do complexo industrial herculino.
A segunda mesa de debate xirou en torno aos Certificados de Aforro Enerxético, desde o seu contexto regulamentario ata o que poden aportar ás empresas industriais e do sector terciario para contribuír á mellora da eficiencia enerxética dos seus procesos.
Finalmente, na sesión 3 debateuse sobre autoconsumo e comunidades enerxéticas industriais. Así, Miguel R. Morgado, de Ecorés, puxo en valor os beneficios que as comunidades de enerxía achegan á integración do sector industrial, poñendo varios exemplos de comunidades con distintos perfís de consumo que xa están en desenvolvemento
Inicio de Enerdixital
Este mércores os Energy Days incluirán un seminario sobre combustibles sostibles e unha sesión sobre enerxías renovables e almacenamento de hidróxeno. Pola tarde abrirá as súas portas o congreso Enerdixital, un veterano evento que este ano se incorpora aos Energy Days e que arrincará cunha sesión sobre transición enerxética.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?