O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) asina un convenio de colaboración coa Fundación Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) para que as colexiadas e colexiadas da entidade teñan acceso a unha formación axeitada nos programas educativos da UIE. O acordo foi asinado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e o decano da Facultade de Enxeñaría e Tecnoloxía Empresarial da UIE, Eladio Dapena González.
O cadro de persoal do CPEIG, así como persoas directamente relacionadas co Colexio, terán bonificacións nos gastos de matrícula de todos os programas de formación executiva e sobre os gastos de programas de grao e posgrao impartidos pola UIE. Ademais, ambas entidades organizarán conxuntamente eventos de interese común.
Tamén no acordo, dun ano de vixencia, estipúlase que o CPEIG difundirá entre os seus membros as distintas convocatorias da oferta formativa da UIE. E pola súa parte, a UIE fará partícipe de forma activa ao cadro de persoal do CPEIG nos actos de presentación das súas actividades formativas, ben sexan charlas, conferencias ou obradoiros.
Os membros do CPEIG terán acceso aos programas educativos da UIE con bonificacións aplicadas
Compartir Este Artigo

