Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Axencia Estatal de Investigación destina 29,5 millóns de euros a proxectos aeroespaciais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Axencia Estatal de Investigación destina 29,5 millóns de euros a proxectos aeroespaciais

S. P.
Publicado: 10/10/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

A investigadora do CITIC da UDC Minia Manteiga
A investigadora do CITIC da UDC Minia Manteiga
Con motivo da celebración do Día Mundial da Astronomía, este 12 de outubro, a Axencia Estatal de Investigación (AEI), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU), quixo visibilizar a aposta investidora que realizou nos últimos 5 anos para potenciar a investigación en Astronomía e Astrofísica como un claro impulsor do desenvolvemento innovador e competitivo do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SECTI).
Desde 2019, a Axencia Estatal de Investigación concedeu 29,5 millóns de euros para financiar 198 proxectos de investigación relativos a Astronomía e Astrofísica.
Para comprender os obxectivos deste esforzo investidor por parte da Axencia, Minia Manteiga Outeiro, coordinadora da subárea de Astronomía e Astrofísica da AEI e catedrática na Universidade da Coruña, ademais de investigadora do CITIC da UDC, lembra que “o noso país ocupaba en 2022 a novena posición en número de publicacións de alto impacto no mundo relativas a Astronomía e Astrofísica, segundo un estudo publicado no Boletín da Sociedade Astronómica Americana. E outro estudo da Sociedade Astronómica Coreana sobre a relación entre o desenvolvemento económico e o tamaño relativo da comunidade astronómica xa evidenciou o papel fundamental que esta ciencia ten para mobilizar o interese social cara a sectores innovadores e de vangarda, especialmente o sector espacial e a instrumentación de precisión. Estes feitos explican a aposta clara da Axencia Estatal de Investigación por financiar a área de Astronomía e Astrofísica, a que máis solicitudes presenta cada ano entre as diferentes ramas da Física e unha da que máis recursos demanda”.
Manteiga, que tamén é vicepresidenta da Sociedade Española de Astronomía (SEA), destaca que “a AEI é a principal fonte de financiamento para os 1.240 profesionais españois en Astronomía, que lles permite contar cos fondos necesarios para a compra de equipos e material. Ademais, a AEI financia tamén os recursos humanos mediante contratos predoutorais e programas de excelencia que financian a incorporación de investigadores a España, entre outros. Este financiamento foi medrando durante os últimos anos desde 4,8 millóns de euros en 2020 a 8,9 millóns en 2022, exclusivamente na subárea de Astronomía e Astrofísica da AEI”.
A coordinadora da subárea Espazo da AEI, Marina Díaz Michelena, do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), sinala que “a investigación espacial, o desenvolvemento de plataformas satelitais e de instrumentación con altos estándares de precisión impulsa claramente un desenvolvemento industrial innovador e competitivo. Non podemos esquecer que España foi capaz de construír o maior telescopio óptico do mundo, o Gran Telescopio Canarias, cun espello primario de 10,4 m de diámetro. Nas últimas décadas vimos un repunte do sector aeroespacial, que nos permitiu contribuír de forma cada vez máis significativa en misións espaciais astronómicas da Axencia Espacial Europea (ESA) e da NASA. Abonda como exemplo o caso da exploración de Marte, onde temos actualmente tres estacións medio ambientais operativas no planeta vermello: MEDA no rover Perseverance; REMS no Curiosity, e TWINS en InSight”.
Primeira misión da ESA liderada por un investigador español
De feito, a ESA está a desenvolver nestes momentos a primeira misión liderada por un investigador español, Rafael de Guzmán, do Instituto de Física de Cantabria (IFCA). Trátase da misión Arrakihs, que se propón desentrañar o enigma da natureza da materia escura que conforma máis dun 80% de toda a materia que hai no universo, segundo os modelos teóricos actuais. Para iso a misión observará o Universo local a niveis moi baixos de brillo superficial nunca antes alcanzados en lonxitudes de onda visible e infravermella, utilizando un conxunto de cámaras de gran precisión a bordo dun satélite que orbitará ao redor da Terra a 800 km de altura. Estas observacións permitirán obter unha mostra representativa das correntes estelares nos halos de galaxias masiva como a nosa Vía Láctea. O número e forma destas correntes estelares, que son os restos de pequenas galaxias satélites destruídas por interacción gravitatoria, proporcionan a mellor pista para entender a natureza da materia escura.
A misión Arrakihs é unha colaboración entre a ESA e o Arrakis Mission Consortium (AMC) formado por científicos e enxeñeiros de distintas institucións e empresas. O consorcio da misión está dirixido polo profesor Guzmán e conta con oito estados membro: España, Austria, Bélxica, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza con contribucións adicionais en ciencia de Holanda, Estados Unidos, Taiwan e Tailandia. O consorcio inclúe tamén a empresas europeas do sector aeroespacial en Suíza, Bélxica e o Reino Unido lideradas pola empresa española Satlantis, que é a principal responsable de proporcionar a carga útil do satélite.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?