Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC presenta unha innovadora ferramenta de realidade virtual para a estimulación cognitiva: Atendis-VR
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC presenta unha innovadora ferramenta de realidade virtual para a estimulación cognitiva: Atendis-VR

S. P.
Publicado: 11/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

presentacion_atendis_demostracion_.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) acolleu este venres 11 de outubro a presentación do proxecto Atendis-VR, unha innovadora iniciativa de Realidade Virtual desenvolvida durante o último ano e orientada á estimulación cognitiva de persoas maiores e persoas con discapacidade intelectual.
Este proxecto foi levado a cabo pola Fundación ADCOR co apoio do CITIC, e subvencionado pola Axencia Galega de Innovación a través do programa InnovaPeme 2023. Trátase dunha iniciativa coa que o CITIC reforza o seu “compromiso con que a tecnoloxía chegue a todas as persoas, o que implica o desenvolvemento de solucións accesibles e inclusivas, asegurando que ferramentas tecnolóxicas como Atendis-VR estean ao alcance de todas as persoas”, sinalou o subdirector do centro, Javier Pereira.
presentacion_atendis__autoridades.jpg Segundo explicou con maior detalle, Atendis-VR, é unha solución avanzada de estimulación cognitiva mediante a Realidade Virtual, deseñada especificamente para a dispositivos Meta Quest 2 e 3 e da que se benefician máis de 100 usuarios. O proxecto propón un xogo interactivo con sete actividades diferentes, cada unha delas adaptada aos usuarios e con niveis de dificultade que permiten traballar distintos aspectos físico-cognitivos. Estas actividades ofrecen unha experiencia inmersiva e enriquecedora que contribúe ao benestar e a mellora cognitiva das persoas maiores e aquelas con discapacidade intelectual.
O acto de presentación contou coa participación de Pablo Martín Lancharro, subdirector xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial da Consellería de Política Social e Igualdade e Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica do Concello da Coruña, xunto con Margarita Garrido, xerente de ADCOR e Betania Groba, investigadora principal do proxecto,
Durante o evento, usuarios de ADCOR apoiados por técnicos da entidade e o enxeñeiro informático Iago Fernández, realizaron unha demostración en vivo da aplicación Atendis-VR, probando distintos escenarios de Realidade Virtual e mostrando a versatilidade do sistema. A xornada finalizou cunha visita guiada ás instalacións do CITIC, onde os asistentes exploraron diversos espazos tecnolóxicos, incluíndo unha sala de demostradores tecnolóxicos, lentes de RV, robots como o can robot e o compañeiro Tiago, e un taller de impresión 3D.
presentacion_atendis_citic_11_10_2024.jpg O proxecto Atendis-VR é un innovador programa que consta de sete actividades deseñadas para traballar diferentes habilidades físico-cognitivas, con niveis de dificultade adaptables. Entre as actividades destacan a Praga de velutinas, onde os usuarios deben apuntar e eliminar avespas virtuais, e o Coche RC, que implica manter a distancia correcta cun vehículo guía nun circuíto. Tamén inclúe o Quebracabezas Monumentos, onde se montan miniaturas históricas, e o Circuíto Canicas, que desafía aos usuarios para completar un circuíto colocando pezas no seu lugar.
Ademais, o proxecto incorpora adaptacións de xogos tradicionais como a chave e os birlos, onde se mellora a puntería e a coordinación ao derrubar piares e birlos, respectivamente. Pola súa banda, a actividade de Globos permite aos usuarios tocar globos en movemento para explotalos, mellorando a súa estabilidade e reflexos.
Atendis-VR está dispoñible para descarga directa a través da ligazón oficial. A aplicación está deseñada principalmente para dispositivos Meta Quest 2 e 3, pero tamén é compatible con calquera dispositivo que cumpra co estándar OpenXR.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?