Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Neofalantes.gal colle impulso para a súa transformación en rede social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Neofalantes.gal colle impulso para a súa transformación en rede social

S. P.
Publicado: 11/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

valentin_garcia_lingua_secretario_xeral.jpgO Instituto Galego de Estatística (IGE) publica este venres 11 de outubro o resultado da enquisa estrutural a fogares, coñecemento e uso do idioma galego que tira como conclusión que 7 de cada 10 persoas se comunican en lingua galega. Este dato foi achegado polo secretario xeral da Lingua durante a presentación das últimas novidades do portal Neofalantes.gal, a plataforma divulgativa e educativa posta en marcha en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para analizar o proceso de incorporación do uso do galego por parte das persoas que tiveron outro idioma como primeira lingua.
Segundo informou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela, o portal impulsado polo grupo Novos Medios sofre unha viraxe de sitio informativo pasando a ser unha rede social para neofalantes na que compartir experiencias. Na presentación, Valentín García salientou que dos datos publicados hoxe, e que recollen o resultado das entrevistas realizadas ao longo do ano 2023, despréndese que se relaciona en lingua galega un 69,25% da poboación que vive en Galicia.
O responsable de Lingua da Xunta subliñou que “practicamente o 100% da poboación é quen de desenvolverse en galego na súa vida”, xa que a sondaxe conclúe que a maioría da cidadanía sabe falalo, dominando a expresión oral o 94,62% das persoas, mentres que, en canto á escrita, o 84,35% da sociedade recoñece ter competencias neste eido. En canto á comprensión, o estudo di que o galego falado é entendido nun 93,37%, mentres que o 96,35% asegura poder ler neste idioma.
Valentín García precisou que a enquisa estrutural a fogares que se realiza cada cinco anos engade nun dous seus epígrafes que neste período de tempo a poboación procedente do exterior que chegou a Galicia é de máis de 115.000 persoas. “Trátase dun dato moi importante que inflúe directamente no incremento de castelanfalantes, converténdose nun nicho de potenciais neofalantes para os que desde a Administración autonómica xa estamos deseñando medidas como son os cursos específicos que anunciamos esta mesma semana”.
De falarmos de ámbitos de contacto social, o representante da Consellería de Lingua explicou que das entrevistas levadas a cabo en máis de 9.000 fogares despréndese que é coas amizades con que máis se emprega o galego, seguido da interlocución da cidadanía co persoal da administración e co sector comercial. Os datos desta enquisa sinalan que sempre usan o galego o 53,01% das persoas ás que os avós lles transmitiron esta fala de cativos, fronte ao 23,35% que o fai en castelán, consolidándose a tendencia de cada vez máis fogares bilingües, un 63,89%.
En canto ao eido dixital, respecto á última análise publicada en 2018 polo IGE, navegan na actualidade en galego un 1,65% máis dos usuarios, mentres que nos medios tradicionais a lingua aumenta a súa presenza na prensa escrita, pasando dun 40,9% en 2018 a un 44,62% no 2023, un incremento do 3,72%. A Xunta aposta nesta dirección coa creación de novos produtos pensados para o público infantil e xuvenil, ou como o Proxecto Nós para impulsar o galego na Intelixencia Artificial (IA), as medidas para a aceptación e recoñecemento deste idioma en todas as plataformas ou proxectos como o portal Neofalantes.gal iniciado en 2021.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?