Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo enumera os ámbitos de acción e as tecnoloxías que melloran a vida das persoas maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo enumera os ámbitos de acción e as tecnoloxías que melloran a vida das persoas maiores

S. P.
Publicado: 14/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_po_eusumo_coidados1_tecnoloxias.jpgA UVigo desenvolveu un proxecto no marco da Rede Eusumo da Xunta que identifica as áreas de innovación nas que a tecnoloxía pode mellorar o coidado das persoas maiores, por exemplo con ferramentas ferramentas para o acompañamento a distancia e para a estimulación cognitiva ou a creación de sensores para a monitoraxe dos usuarios dos movementos e rutinas dos usuarios. Tamén, coa materialización de instrumentos de asistencia domiciliaria.
Dirixido a coñecer que uso fan dos dispositivos tecnolóxicos tanto as persoas maiores como os centros de día e residencias, así como a identificar boas prácticas e oportunidades de emprendemento, os resultados deste proxecto presentáronse este venres 11 de outubro na sede da Vicerreitoría do Campus de Vigo, no marco da xornada As novas tecnoloxías como impulsoras do emprendemento no sector da economía dos coidados e da economía social.
O catedrático da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e coordinador da Rede Eusumo na UVigo, José María Cancela, informou que o informe é o resultado final dun proxecto que buscaba tanto identificar as ferramentas tecnolóxicas existentes no sector e coñecer “como se están e empregando e que aceptación teñen”, como pór de relevo o papel “fundamental” da economía social “para levar a cabo propostas innovadoras” neste eido.
Tomando como punto de partida o envellecemento poboacional de Galicia, o informe Usos das novas tecnoloxías e da Intelixencia Artificial como factor de impulso do emprendemento en economía social no eido da economía dos coidados sinala este sector “como unha área emerxente” e identifica unha serie de “áreas de innovación”. Concretamente, o desenvolvemento de sensores de monitoraxe, vinculados, apuntou Cancela, “á práctica de exercicio físico, fundamental para manter a súa independencia e calidade de vida”. os proxectos de “estimulación cognitiva dos maiores que viven en residencias”; os instrumentos de asistencia domiciliaria e de apoio nos centros e o desenvolvemento de aplicacións de apoio á nutrición, de ferramentas de “acompañamento a distancia” e de plataformas dixitais.
Partindo deste marco, identificaron unha serie de “oportunidades de emprendemento”, como as relacionadas co uso da domótica, na que se insiren tanto os sensores de movemento como o uso de asistentes de voz; o desenvolvemento de “produtos de acompañamento e atención a familiares”; ou “a educación tecnolóxica para maiores”, así como o desenvolvemento de aplicacións ligadas ao seguimento a distancia.
Os resultados dunha enquisa sobre o uso destas tecnoloxías entre as e os maiores galegos permitiron constatar en primeiro termo a persistencia dunha “fenda dixital”, xa que o 56% das e dos participantes non contaba cun dispositivo móbil con acceso a Internet. Aqueles e aquelas que si os empregaban utilizaban maioritariamente o móbil, aínda que “non dedicaban nin unha hora o día a tarefas relacionadas co acceso a internet e a aplicacións tecnolóxicas”. Entre estas, as máis empregadas son WhatsApp e Facebook, xunto con Youtube, que pode constituír “unha vía de acceso para ensinarlles a empregar estas tecnoloxías”, sinalaron os responsables deste estudo. Pola contra, “o gran reto que persiste aínda” é que apenas empregan este tipo de dispositivos para xestións bancarias, sanitarias ou administrativas.
O proxecto abrangueu tamén unha enquisa a responsables de residencias e centros de día, que permitiu constatar que “nestes últimos anos estiveron implantándose terapias relacionadas coas novas tecnoloxías ou actividades para ensinarlles a empregalas”. Concretamente, o 75% dos centros participantes leva a cabo iniciativas deste tipo, sendo neste caso as tabletas o dispositivo máis empregado, “aínda que preto da metade” utilizaron tamén lentes de Realidade Virtual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?