Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Boqueixón remata o proceso de transformación dixital da numeración do municipio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Boqueixón remata o proceso de transformación dixital da numeración do municipio

S. P.
Publicado: 15/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

boqueixon_numeraciondixital.jpgO Concello de Boqueixón vén de rematar o proceso de transformación dixital da numeración do municipio: un proxecto promovido pola Administración local, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER): Europa inviste no rural e o Programa de Desenvolvemento rural de Galicia 2014- 2020, medida Leader Galicia, xunto co GDR Terras de Compostela.
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, salientou que “actualizamos todos os datos e xeramos unha plataforma dixital sobre un sistema de información xeográfica con identificación catastral que permitirá unha maior eficiencia nas comunicación entre o Concello e a veciñanza, ademais de permitirnos seguir avanzando no obxectivo de cero papel, para axudar a conservar o noso medio ambiente”.
Uns datos que foron compartidos co Catastro, co INE e con Google, “onde calquera veciño pode acceder a Google Maps dende o seu computador, teléfono ou tableta aos enderezos, que están perfectamente xeolocalizados e mesmo se poden visualizar a través do programa Street View”. Isto, engadiu o rexedor, “facilitará tanto as comunicacións da veciñanza coas distintas administracións e evitará as confusións que en ocasións se producían no reparto do correo.
boqueixon_numeraciondixital2.jpgDurante o traballo de transformacións dixital da numeración de Boqueixón distinguíronse un total de 2.604 referencias, recollidas en 331 planos planos dispoñibles todos eles na web municipal. Deste total, engadíronse 487 novas referencias que non estaban identificadas previamente. As principais modificacións tiveron lugar en torno aos núcleos de Pumares, O Forte e Camporrapado, onde tamén foron numerados os solares susceptibles de seren edificados.
Unha vez incorporados os datos actuais, definíronse 53 novos códigos de vía para as novas rúas, avenidas e travesías do casco urbano de Lestedo, así como certos lugares que non figuraban no catastro. Ademais, actualizáronse no sistema 1.104 números entre a parroquia de Lestedo e o lugar de Pumares.
Finalmente, repartíronse os rótulos informativos, de forma rectangular, co escudo do Concello de Boqueixón e cun código QR coa información vencellada á referencia catastral, así como o número que identifica a esa entidade, cos nomes da parroquia arriba e do lugar abaixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?