Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela convértese na capital mundial da IA coa celebración do ECAI e a Semana da cidadadanÍA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela convértese na capital mundial da IA coa celebración do ECAI e a Semana da cidadadanÍA

S. P.
Publicado: 15/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

semana_da_cidadania_citius_santiago.jpgCompostela acollerá do 19 ao 24 de outubro o encontro European Conference on Artificial Intelligence (ECAI 2024). Trátase do congreso máis importante de Europa no eido da IA, e un dos tres de referencia en todo o planeta, un evento que conta xa con máis de 1.600 persoas rexistradas procedentes de todo o mundo.
Santiago converterase na capital mundial da Intelixencia Artificial (IA) e ao mesmo tempo o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), institución responsable deste encontro, programa a Semana da cidadanÍA, unha serie de encontros abertos co obxectivo de aproveitar a oportunidade histórica desta conferencia para achegar a IA ao público xeral. As actividades daban comezo onte (luns, 14 de outubro) e prolongaranse ata o sábado 19, estando distribuídas por distintos puntos da cidade, sendo de carácter gratuíto e abertas ata completar aforo, sen necesidade de inscrición previa.
Onte, luns 14 de outubro, a Casa das Máquinas (Galeras) acollía a apertura da Semana da cidadanIA, cunha serie de charlas divulgativas impartidas por persoal investigador do CiTIUS, que falaron do impacto da IA na vida cotiá (de que maneira os robots sociais interactúan de xeito natural cos seres humanos, como a Intelixencia Artificial se integrou nos chips ou de que xeito as tecnoloxías lingüísticas permiten que as máquinas entendan e usen o galego). Asemade, falouse das aplicacións da IA no ámbito da Medicina (monitorización clínica) e explorouse as posibilidades da realidade virtual na nanociencia ou o alivio de experiencias achegadas á morte.
ecai2024_cartel-semana-ia_v3-def.jpgO mércores 16 de outubro, no Café Bar Alborada de Veiga, o persoal investigador do CiTIUS ofrecerá un ciclo de charlas informais e divulgativas sobre temas tan actuais como o uso da IA para crear imaxes ou contido de maneira automática (IA xerativa) ou a representación de escenas en 3D empregando tecnoloxías avanzadas. Alén disto, reflexionarase sobre os modelos matemáticos que nos axudan a entender como se propagan certas ideas ou fenómenos na sociedade, relacionándoos así mesmo co método científico.
O xoves 17, o Auditorio do CGAC será o escenario dunha actividade moi especial: un espectáculo de maxia fusionado con Intelixencia Artificial, a cargo do director do CiTIUS, Senén Barro, a enxeñeira de IA Alba Meijide, e o recoñecido mago Jorge Luengo. Este evento buscará provocar no público unha reflexión sobre as diferenzas entre a intelixencia humana e a artificial, poñendo en evidencia como ambas, aínda que avanzadas, non son infalibles.
O venres 18 de outubro, na Facultade de Filosofía da USC, un grupo de persoas expertas en diversas disciplinas analizarán os aspectos éticos, legais e técnicos relacionados coa IA e de que maneira esta tecnoloxía pode ser percibida pola sociedade, a través dun interesante debate titulado: Podemos confiar na IA?
Para rematar, dicir que a Semana da cidadanÍA concluirá o sábado 19 de outubro coa proxección no Auditorio do CGAC da película Justicia Artificial, recentemente estreada e dirixida por Simón Casal. Tras a proxección celebrarase un coloquio moderado polo xornalista Jaime García Cantero (director de contidos de El País Retina), no que se debaterá sobre os límites do uso da IA en situacións tan complexas como a toma de decisións en conflitos bélicos ou en diagnósticos médicos. O coloquio contará coa participación da produtora, Chelo Loureiro, o director Simón Casal, e o actor Tamar Novas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?