Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartZ4Milk impulsa proxectos de IA e blockchain para garantir a máxima seguridade alimentaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartZ4Milk impulsa proxectos de IA e blockchain para garantir a máxima seguridade alimentaria

S. P.
Publicado: 15/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

biotechnology.jpgO proxecto SmartZ4Milk, liderado por Grupo Lence e promovido polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) a través da Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, avanza en seguridade alimentaria, rastrexabilidade e sustentabilidade na industria láctea, botando man das máis avanzadas tecnoloxías (Intelixencia Artificial, cadea de bloques, análise de datos a gran escala, etc). Coincidindo co Día Mundial da Alimentación 2024, cuxo lema é Dereito á alimentación para unha vida e un futuro mellores, SmartZ4Milk pretende dar resposta a estes retos globais.
Segundo explican dende CLUSAGA, un dos dos logros máis relevantes do proxecto é a creación da plataforma PITSA, desenvolvida pola tecnolóxica galega Plexus, unha ferramenta que asegura a rastrexabilidade do leite, desde a súa recollida ata o consumidor final, recompilando datos en tempo real sobre roteiros, tempos de transporte, procesos de produción ou distribución. “Grazas á tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain), a plataforma PITSA garante unha un seguimento dixital certificado do produto, ofrecendo á consumidores información fiable e transparente sobre a calidade dos produtos lácteos”, engaden dende o Clúster.
En paralelo, a queixería coruñesa Queizuar levou á práctica a plataforma asmCore, que utiliza Intelixencia Artificial para facer monitoraxe da produción en tempo real, o que “permite realizar un seguimento detallado de lotes, tempos e cantidades producidas, reforzando a seguridade alimentaria ao prever anomalías no proceso produtivo”. O Clúster destaca que a integración de asmCore con PITSA asegurará a rastrexabilidade desde a granxa ata a mesa, “beneficiando tanto a produtores como a consumidores”.
Así mesmo, a compañía biotech lucense AMSLab desenvolveu unha técnica innovadora para distinguir entre as variantes de betacaseína A1 e A2, proteínas presentes no leite. Esta técnica, baseada na proteómica, responde á crecente demanda de produtos lácteos que conteñan só betacaseína A2, coñecida polos seus beneficios potenciais. Con este avance, SmartZ4Milk mellora o seguimento e a calidade dos produtos lácteos no mercado.
Compromiso coa sustentabilidade
queizuar_dixitalizacion.jpg A sustentabilidade é un eixo central do proxecto, especialmente relevante no contexto do Día Mundial da Alimentación, que convida a reflexionar sobre a produción responsable de alimentos. A través da plataforma PICSA e a integración de ferramentas como Green Data, SmartZ4Milk está a optimizar o uso de recursos como a auga e a enerxía, reducindo as emisións de CO2 e os residuos xerados durante a produción. “Este enfoque alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), reafirmando o compromiso do sector lácteo galego cun futuro máis sostible e eficiente”, lembran dende CLUSAGA, engadindo que tamén se deron importantes avances na creación de produtos máis sustentables, na implantación de prácticas agrícolas responsables e na mellora da eficiencia enerxética. Tamén se están definindo índices de circularidade do sector, que se compararán con produtos competidores, para transformar os desafíos en oportunidades e aliñarse coa nova Política Agraria Común (PAC).
Un modelo para o futuro do sector lácteo
Ao longo de outubro, SmartZ4Milk continuará coas probas in situ das novas tecnoloxías implementadas, co que o proxecto “marcará un fito na dixitalización do sector lácteo, con innovacións que benefician ás empresas participantes e que posicionan a Galicia como un referente en seguridade alimentaria, rastrexabilidade dixital e sustentabilidade”.
Coa colaboración de diversas empresas galegas e a aplicación de tecnoloxías como a IA e a cadea de bloques (blockchain), SmartZ4Milk “impulsa unha transformación na industria láctea, contribuíndo a un sistema alimentario máis resiliente e accesible para todos”, destacan dende a agrupación empresarial galega.
SmartZ4Milk abrangue 18 proxectos primarios. Cun orzamento total de 16,8 millóns de euros e unha axuda de 9,7 millóns de euros, o proxecto está financiado polo Ministerio de Industria e Turismo (MINTUR) e a Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU. Promovido por CLUSAGA e liderado por Grupo Lence, o proxecto executarase ata xuño de 2025. Participan empresas lácteas como CAPSA FOOD, Queizúar, Queixería Prestes, CLUN e Bico de Xeado, así como empresas tecnolóxicas como Plexus Tech, Sixtema, ASM Soft e Grupo ASMLab.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?