Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alba Chao será recoñecida polo xornalismo galego polo seu traballo sobre pornografía na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alba Chao será recoñecida polo xornalismo galego polo seu traballo sobre pornografía na Rede

S. P.
Publicado: 16/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

somos_esenciais_xornalistas.jpgEste venres 18 de outubro ás 10.30 horas vai ter lugar na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Santiago o acto de entrega do IV Premio de Xornalismo Somos Esenciais a Alba Chao, gañadora desta edición con Pornografía en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia. O acto vai contar tamén con Carolina Sertal, finalista co traballo Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade. O premio está organizado polo Colexio de Xornalistas en colaboración con Gadis.
A gañadora do Premio de Xornalismo Somos Esenciais 2023, Alba Chao Vázquez, recollerá o seu galardón o venres 18 de outubro ás 10.30 horas na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Santiago de Compostela (rúa Ponferrada, 9, baixo), nun acto que contará tamén coa presenza da decana do Colexio de Xornalistas, Belén Regueira Leal, e de Melisa Pagliaro Fernández, directora de Marketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa. No mesmo acto entregarase a mención como finalista a Carolina Sertal Souto.
Alba Chao, xornalista de Faro de Vigo, foi a gañadora do IV Premio Somos Esenciais, convocado baixo o lema A información ao servizo da xente, pola reportaxe Pornografía en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia, publicada o 3 de marzo de 2023 nese xornal. O xurado destacou que este trata “un tema de máxima actualidade elaborado de forma rigorosa”, así como a “súa capacidade para amosar unha visión global, mediante unha escrita precisa e ordenada, dun problema que afecta á toda a sociedade”. Tamén lle foi concedida unha mención especial como finalista a Carolina Sertal pola reportaxe Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade, aparecida en febreiro de 2023 na revista Luzes, da que se salientou “o contido de alto valor social ademais da aposta polo uso do galego”.
O xurado do cuarto Premio de Xornalismo Somos Esenciais estivo composto por Vanessa Casteleiro Martínez, Lara Dopazo Ruibal, María Eimil Méndez, Francisco X. González Sarria, Darío Janeiro Pereira, Gemma Malvido Otero, Belén Regueira Leal, Ana Isabel Rodriguez Vazquez e Cristina de la Vega Jiménez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?