Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O II Foro FIGA pon o foco na intersección entre lingua e audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O II Foro FIGA pon o foco na intersección entre lingua e audiovisual

S. P.
Publicado: 16/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lingua_e_audiovisual_fic_cidade_das_tic.jpgA Academia Galega do Audiovisual, co apoio do Concello da Coruña e a área de cultura da Deputación da Coruña, organiza o II Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), que se celebrará na Cidade das TIC da Coruña entre os días 7 e 9 de novembro e que terá como temática central A lingua e o audiovisual.
A Academia pon o foco na lingua nesta segunda edición de FIGA, para, en palabras da entidade, “abordar en profundidade o extraordinario fito histórico que supón que algunhas producións con versión orixinal en galego estean acadando nos últimos anos importantes recoñecementos fóra das nosas fronteiras”. Para a Academia, dan boa conta disto películas como O que arde galardoada co premio Xurado no Festival de Cannes; O corno premiada coa Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián; ou series como O sabor das margaridas no ranking de series en lingua non inglesa máis vistas da plataforma Netflix.
O foro servirá pois para analisar amplamente a diversidade lingüística no sector audiovisual, co obxectivo de valorar a situación actual e debater os retos aos que se enfronta. FIGA contará coa participación de máis de trinta profesionais nacionais e internacionais que compartirán as súas experiencias na produción e distribución de audiovisual en linguas minoritarias.
A xornada do xoves 7 levará por título Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados e nela tratarase o desafío de atraer ás audiencias máis novas desde a diversidade lingüística.
O venres 8, co lema Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas ou minoritarias abordarase o impacto da produción en linguas non hexemónicas no panorama cultural e industrial. Para rematar, as sesións do sábado 9 estarán englobadas baixo o título Cara un circuíto estable e unha normalización na lingua do audiovisual, para explorar as posibilidades de avanzar cara un sistema audiovisual que promova de forma efectiva a normalización do uso lingua galega.
María Soliña Barreiro González, profesora titular no departamento de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación GEA (Grupo de Estudos Audiovisuais) é a directora de contidos desta iniciativa coa que a Academia desexa “valorar o estado actual e debater os retos de futuro que afectan ao sector en Galicia dende a perspectiva da intersección entre a diversidade lingüística e o medio audiovisual”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?