Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Instituto Tecnolóxico de Galicia acolle este mes o congreso nacional Net-Zero Mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Instituto Tecnolóxico de Galicia acolle este mes o congreso nacional Net-Zero Mar

S. P.
Publicado: 16/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

coruna_fachada_itg_2024.jpgA sede na Coruña do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITIG) acollerá durante os vindeiros 22, 23 e 24 de outubro a 2ª edición do Congreso e Exhibición da Alianza Net-Zero Mar, un evento organizado por ITG e a Fundación Valenciaport que ten como obxectivo avanzar con tecnoloxías intelixentes na descarbonización do sector portuario e do transporte marítimo en España.
Durante dous días e medio, 130 empresas e administracións de toda España debaterán na Coruña acerca das diferentes solucións dispoñibles a curto, medio e longo prazo para reducir emisións na actividade portuaria e nos servizos de transporte marítimo. Ademais, profundarase nas diferentes temáticas abordadas durante o último ano nas diferentes mesas de traballo: Descarbonización de buques en navegación; Subministración eléctrica a buques desde porto (sesión na que se presentará o Estudo sobre OPS en portos españois e debaterase sobre as necesidades de potencia e distribución deste subministro); Enerxías renovables; Folla de roteiro para a descarbonización do sector; e Descarbonización de terminal portuarias. Finalmente realizarase un achegamento en detalle respecto ao impacto da normativa europea e mundial sobre o sector, a estratexia marítima de España, así como a estratexia de economía azul e o plan de ordenación do Espazo Marítimo.
O obxectivo do Congreso Net-Zero Mar é “crear o lugar de encontro e facilitar o diálogo entre organizacións cun claro compromiso coa descarbonización do sector portuario e do transporte marítimo e dar a coñecer as solucións tecnolóxicas que contribuirán á descarbonización do sector”.
O evento contará cun programa de conferencias e paneis de debate no que participarán representantes de alto nivel de empresas e administracións; unha área de exhibición na que se expoñerán as solucións tecnolóxicas para a descarbonización, deseñadas por empresas punteiras neste ámbito e unha serie de visitas enfocadas ao sector entre as que destacan a visita ao Porto da Coruña, ás instalacións de Navantia FENE e a Galaxy-Lab, o centro de experimentación avanzada en IA de ITG. Entre os relatores que participarán no congreso están o presidente de Portos do Estado, Álvaro Rodríguez; a directora de Mercados de Carbono Europeos da Comisión Europea, Beatriz Yordi; o director xeral da Mariña Mercante, Gustavo Santana; e Benito Núñez, secretario xeral de Transportes Aéreo e Marítimo do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.
Na actualidade, a Alianza Net-Zero Mar conta con máis de 50 membros de relevancia no sector marítimo portuario entre as que destacan autoridades portuarias, navieiras, terminais, representantes da industria e entidades de investigación.
O centro tecnolóxico ITG, membro da Alianza Net-Zero Mar, lidera ademais a iniciativa ENEPORTS, un consorcio europeo que busca mostrar o papel esencial da dixitalización na descarbonización dos portos e no consumo e xeración eficiente de enerxía verde.
ENEPORTS, onde tamén participan as autoridades portuarias de Ferrol, de Tenerife, Leixões (Portugal) e Galway (Irlanda); a Universidade de Galway; Builders École d’Ingénieurs (Francia) e o Instituto Tecnolóxico e de Energías Renovables de Tenerife, impulsa a creación de tres proxectos piloto, nas dársenas de Ferrol, de Granadilla (Tenerife) e de Leixões (Porto). Estes proxectos piloto serán pioneiros en demostrar como a dixitalización e a IA permiten ás dársenas converterse en plataformas de xeración de enerxía verde a prezos competitivos e en laboratorios de innovación en enerxías renovables, posibilitando aos tres portos alcanzar a neutralidade en carbono ao redor de 2035.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?