Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra Greenalia-UDC premia tres traballos sobre solucións tecnolóxicas de eficiencia enerxética
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra Greenalia-UDC premia tres traballos sobre solucións tecnolóxicas de eficiencia enerxética

S. P.
Publicado: 17/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_catedra_greenalia-9.jpg_2063069239.jpgA Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética entregou os II premios Galicia Renovable, que recaeron en catro estudantes, dous da Universidade da Coruña (UDC) e dous da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Erick Jesús Morais Pombo, Saleta Martínez Tella, Miguel Díaz Abalo e Miguel Varela Hoyos son os estudantes recoñecidos nesta segunda edición dos premios, que buscan dar visibilidade a aqueles proxectos que contribúan ao proceso de descarbonización en Galicia.
O xurado destacou o éxito de participación desta edición, cun total de 34 proxectos presentados, 20 na categoría de Traballo Fin de Grao (TFG) e 14 na categoría de Traballo Fin de Máster (TFM), e a creatividade e innovación tecnolóxica dos mesmos, así como o gran potencial e a aplicabilidade das solucións expostas.
Ademais, sinalou a calidade dos proxectos presentados, nos que se podía comprobar os avances e propostas innovadoras nos distintos ámbitos de investigación das universidades galegas en relación coa transición enerxética e na loita contra o cambio climático.
Os galardóns foron entregados nun acto presidido polo reitor da UDC, Ricardo Cao, e no que participaron a directora de Desenvolvemento Corporativo e Sostibilidade de Greenalia, Beatriz Mato; o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Xunta de Galicia, Nicolás Vázquez; o presidente da Asociación Eólica de Galicia, José Manuel Pazo; e a adxunta de Investigación da UDC, Amalia Jácome.
Nesta segunda edición establecéronse dúas categorías: unha, para os TFM, cun galardón de 1.200 euros, e outra, para os TFG, con dous premios. O primeiro está dotado de 1.000 euros e o pago da matrícula dun curso académico nun dos mestrados que oferte a UDC para o seguinte curso e o segundo de 750 euros, ao que se suma tamén o abono da matrícula.
Premio Fin de Mestrado
O premio ao Mellor Traballo de Fin de Mestrado foi outorgado a Erick Jesús Morais Pombo, graduado en Enxeñaría Informática pola UDC. O traballo titulado Sistema de Información Xeográfica para análise de consumo enerxético en edificacións busca crear un sistema de información xeográfica capaz de analizar a demanda enerxética existente nas edificacións urbanas. Para elo, utilízase un Modelo Urbano de Enerxía en Edificacións (UBEM), desenvolto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), para predicir demandas de calefacción, refrixeración e iluminación nos edificios e permite simular melloras na eficiencia enerxética a través de reformas arquitectónicas. O sistema facilita a toma de decisións para reducir a demanda enerxética e as emisións, aliñándose coas políticas de transición enerxética.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?