Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Reúnense no Campus de Ferrol os integrantes do proxecto europeo para integrar a IA na FP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Reúnense no Campus de Ferrol os integrantes do proxecto europeo para integrar a IA na FP

S. P.
Publicado: 17/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20241017-np-cif-ia.jpg_2050186825_udc.jpgO Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu este xoves 17 de outubro unha xornada divulgativa en formato híbrido (presencial e telemático) para compartir ideas e experiencias ao abeiro do proxecto europeo AIM@VET (Artificial Intelligence learning modules to adapt VET to the digital transformation of the labour market), unha iniciativa de innovación docente que busca integrar as ferramentas intelixentes na FP e que lidera, en representación da Universidade da Coruña, o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Abraham Prieto García.
O profesorado do Campus Industrial de Ferrol implicado no Proxecto Europeo Erasmus+ AIM@VET programou, no marco do evento #ErasmusDays, unha xornada de divulgación na que tamén se avanzou na elaboración dun plan de estudos que permita incorporar a Intelixencia Artificial (IA) nos ciclos de Formación Profesional. Para acadar este obxectivo e centrándose no eido da robótica, persoal docente da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), xunto con persoal investigador vinculado ao Grupo Integrado de Enxeñaría da Universidade da Coruña, leva xa meses colaborando co profesorado e co alumnado do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e máis do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol na elaboración e no testeo diversas unidades didácticas.
Ao longo da mañá presentáronse unha serie de vídeos con testemuños de persoal docente e investigador pertencente á Universidade de Liubliana (Eslovenia), Universidade da Coruña (España) e á Universidade de Minho (Portugal), así como do profesorado e do alumnado do Centro de Formación Profesional de Velenje (Eslovenia), do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol (España) e do Centro de Formación Profesional de Caldas de Taipas (Portugal).
A maiores, a xornada de divulgación incluíu tamén unha mesa redonda na que participaron, de xeito presencial, o avogado e apoderado do Grupo Intaf, Nonito Aneiros; o xefe de Produto de Nostos Genomics, Pablo Botas; o xerente de 3.14 Financial Contents, Manuel Míguez; e os profesores do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, María Meizoso García e José María Bey Otero. O resto de persoas convidadas interviron de xeito telemático desde os seus países de orixe, Eslovenia e Portugal.
Elaborando e probando guías dixitais centradas no eido da robótica
No proxecto participan persoas expertas en Intelixencia Artificial (IA) vinculadas á Universidade de Liubliana (Eslovenia), á Universidade da Coruña (España) e á Universidade de Minho (Portugal). Do mesmo xeito, tamén colabora nesta iniciativa de innovación docente o profesorado e alumnado do Centro de Formación Profesional de Velenje (Eslovenia), do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol (España) e máis do Centro de Formacion Profesional de Caldas de Taipas (Portugal).
A proposta de plan de estudos que se está a deseñar de xeito conxunto entre as tres universidades e os tres centros de Formación Profesional europeos implicados distribúese en tres bloques ben diferenciados, nos que se traballan contidos relacionados coa robótica, a visión artificial e a intelixencia ambiental. De feito, ao remate do proxecto, previsto para xullo de 2025, a Universidade da Coruña entregará un currículo que incluirá unha serie de guías dixitais, centradas no eido da robótica e dirixidas ao alumnado e profesorado de Formación Profesional, nas que figurarán unha ducia de unidades didácticas que incluirán fundamentos conceptuais, propostas de actividades, así como outro tipo de material de respaldo, como poden ser os arquivos de simulación ou os cadernos de código aberto Jupyter.
O proxecto AIM@VET está financiado pola Comisión Europea a través do Programa Erasmus+ e conta cun orzamento de 400.000 euros. A Universidade da Coruña dispón de 93.000 euros para levar a cabo os traballos de coordinación, a elaboración e o testeo das unidades nos centros formativos, así como a diseminación dos resultados e actividades no marco da comunidade educativa de referencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?