Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone España desprega a súa rede da Internet das Cousas en todas as capitais de provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone España desprega a súa rede da Internet das Cousas en todas as capitais de provincia

S. P.
Publicado: 17/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_capitais_provincia_vod_sost1.jpgVodafone España despregou a súa rede específica para Internet das Cousas (IoT) en todas as capitais de provincia e os seus arredores, con máis de 16.782 emprazamentos de rede. A operadora fixo saber que cada estación base desta rede Nb-IoT (rede de banda estreita da Internet das Cousas) pode conectar máis de 100.000 dispositivos “sen deixar de incrementar tanto as velocidades de descarga como a de subida de datos, ademais de reducir as latencias ou retardos”.
Esta rede soporta os 7,5 millóns de liñas de IoT activas que a operadora ten activas, cuxo proceso de medre incrementouse nun 66% respecto aos 5 millóns de conexións de 2022, informou a compañía de telecomunicacións, engadindo que “a despregadura da rede Nb-IoT de Vodafone non só representa un avance tecnolóxico, senón que tamén ten implicacións significativas para a economía, a produtividade e a eficiencia en diversos sectores”. A operadora sinala que no sector agrícola a conectividade IoT permite utilizar sensores conectados para monitorar a humidade do chan, as condicións climáticas e o crecemento dos cultivos. “Isto permite unha xestión máis eficiente dos recursos, como a auga e os fertilizantes, o que pode aumentar os rendementos e reducir custos”.
No ámbito da saúde, os dispositivos portátiles conectados “poden proporcionar aos profesionais datos en tempo real sobre os pacientes, o que permite un seguimento máis efectivo de patoloxías crónicas e unha atención máis personalizada, mellorando así a calidade de vida e reducindo custos no sistema de saúde”, sinalou a empresa, lembrando que vén de asinar un acordo de colaboración co Barcelona Health Hub (BHH) cuxo obxectivo é revolucionar a atención médica a través da aplicación de tecnoloxía de vangarda, fomentando a atracción de talento e a creación dun ecosistema de saúde dixital en España.
Outro sector no que esta tecnoloxía está a experimentar un rápido crecemento é o dos coidados e servizos sociais e asistenciais.
En mobilidade urbana, Vodafone está a impulsar a transformación dixital de cidades como Rota, onde instalou sensores IoT en pasos de peóns intelixentes, “o que permite xestionar a mobilidade de maneira máis segura e eficiente”, achegando datos en tempo real sobre a contaminación ambiental e acústica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?