Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra financia con 24.000 euros cinco proxectos da Cátedra Feminismos 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra financia con 24.000 euros cinco proxectos da Cátedra Feminismos 4.0

S. P.
Publicado: 21/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

catedra_feminismos_4.0.jpgDixitalización e traballo da muller, pornografía dixital, ciberviolencia de xénero, visibilidade dixital das protagonistas de obras teatrais e identificación das pioneiras do sector publicitario na provincia: estes son os eixes temáticos dos cinco proxectos seleccionados na convocatoria de axudas á investigación da Cátedra de Feminismos 4.0, promovida pola Deputación de Pontevedra e a UVigo.
Segundo confirmou a institución provincial, esta liña de axudas vai destinar 24.000 euros a financiar cinco estudos centrados, na maioría dos casos, nas implicacións da dixitalización da sociedade desde unha perspectiva de xénero. Catro deles están liderados por persoal investigador do campus de Pontevedra e un por unha docente do campus vigués.
A Deputación confirma que dous dos cinco proxectos seleccionados nesta edición obtiveron a puntuación máxima da comisión avaliadora, acadando ambos 6.000 euros, o financiamento máximo nesta convocatoria de axudas. Trátanse da investigación sobre as políticas fiscais de igualdade aplicadas ao traballo da muller e a dixitalización que levará a cabo a investigadora da Facultade de Dirección e Xestión Pública Soraya Rodríguez e do estudo que o profesor da Facultade de Comunicación Xabier Martínez Rolán centrará na pornografía dixital. A súa investigación analizará sitios web de contactos de scorts na provincia de Pontevedra, desde unha perspectiva de xénero.
O terceiro proxecto con maior puntuación foi o presentado pola investigadora do grupo Sepcom e decana da Facultade de Comunicación Emma Torres, que acadou un financiamento de 5.400 euros, e que estará centrado na identificación das pioneiras da publicidade en Pontevedra e na busca de referentes para as futuras profesionais do sector.
Outra das investigacións seleccionadas é Talía, coordinada pola Facultade de Filoloxía e Tradución, que recibirá 3.000 euros e que ten por obxectivo outorgar visibilidade dixital ás protagonistas femininas agochadas no teatro.
Por último, tamén foi seleccionado nesta convocatoria un proxecto de prevención da ciberviolencia de xénero na poboación adolescente, no contexto de Pontevedra, que ten como responsable á catedrática da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Francisca Fariña, investigadora principal do grupo de Psicoloxía Xurídica e da Saúde e que obtivo un financiamento de 3.600 euros.
As axudas da Cátedra de Feminismos 4.0 están dirixidas a promover e potenciar a investigación no ámbito da cultura e da sociedade dixital en estudos feministas ou de xénero e van encamiñadas aos grupos de investigación dos campus de Vigo e Pontevedra para aumentar a presenza de mulleres nas áreas STEAM e evitar que e reproduza a desigualdade de xénero no ámbito dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?