Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e a USC convocan a 11ª edición do concurso A Ciencia en imaxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e a USC convocan a 11ª edición do concurso A Ciencia en imaxe

S. P.
Publicado: 21/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Fotografía Convexidade lumínica de Laura Rey, estudante de Medicina, gañadora do primeiro premio de 2023
Fotografía Convexidade lumínica de Laura Rey, estudante de Medicina, gañadora do primeiro premio de 2023
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convocan o XI Concurso A Ciencia en imaxe. Fano no marco das celebracións da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias. Este certame, explicaron, diríxese a toda a comunidade universitaria da USC e nel distinguiranse fotografías divulgativas de calquera contido relacionado co científico: conceptos fundamentais, científicos, fenomenoloxía, aplicacións tecnolóxicas, temas de investigación…
A autoría das instantáneas debe ser individual. Concederanse dous premios: un primeiro galardón de 200 euros e un segundo de 100 €.
O prazo para inscribirse no concurso estará aberto ata o vindeiro 10 de novembro. O rexistro é gratuíto, para o que cómpre enviar o formulario de inscrición (que se pode descargar da páxina web da USC, onde tamén se poden consultar as bases) e o arquivo coa fotografía ao enderezo de correo quimica.acienciaenimaxe@usc.gal. No asunto debe indicarse “A Ciencia en imaxe”.
Nas bases especifícase que cada participante poderá presentar unha única fotografía, dixitalizada e realizada con calquera equipo, profesional ou afeccionado, incluído o teléfono móbil. As contribucións, ademais, terán que ser orixinais, inéditas (non publicadas en ningún medio de comunicación, mesmo dixital), non presentadas en edicións anteriores deste certame e non premiadas noutros concursos. Cada obra deberá acompañarse dun título e pode incluír un breve comentario ou reflexión.
As fotografías deben presentarse en formato JPG e ter un máximo de 5 MB. Non poderán ser retocadas electronicamente e tampouco se admiten fotomontaxes, unicamente se permiten mínimas correccións de cor e luminosidade.
Os premios entregaranse o 14 de novembro no acto de celebración do patrón das Ciencias, San Alberte Magno
O xurado do concurso de fotografía estará composto por un membro de cada unha das cinco facultades organizadoras, xunto a un membro da Real Academia Galega de Ciencias, e podería contar coa asesoría dunha persoa experta en imaxe.
Para valorar as obras diferentes presentadas, os membros do xurado terán en conta a orixinalidade das propostas, a súa estética, capacidade comunicativa, calidade e adecuación á temática do concurso. O fallo publicarase no Taboleiro Electrónico da USC e na páxina web da facultade de Química. Os premios entregaranse o 14 de novembro na Aula Magna da facultade de Química durante o acto de celebración do patrón das Ciencias, San Alberte Magno.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?