Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CSA da Cidade das TIC celebra o seu 1º aniversario con 160 eventos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CSA da Cidade das TIC celebra o seu 1º aniversario con 160 eventos

S. P.
Publicado: 21/10/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

inauguracion_csa_cluster_tic_cidade_das_tic.jpgO Centro de Servizos Avanzados (CSA), o primeiro edificio reformado da Cidade das TIC que abriu as súas portas hai un ano, impulsado polo Clúster TIC Galicia e a Universidade da Coruña (UDC), co apoio da Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación da Coruña, funciona xa a pleno rendemento, segundo confirmaron fontes da agrupación empresarial TIC, que sinalan que o centro opera xa como “se agardaba”: como “un campus mixto científico-empresarial que alberga, por unha banda, compañías consolidadas, e por outra, tres laboratorios de innovación e espazos de showroom”.
En palabras de Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, “o CSA é a casa común do sector para a creación de produtos innovadores, demostración da oferta tecnolóxica da comunidade e aglutinador da actividade empresarial relacionada co ámbito tecnolóxico”.
Actualmente, nas súas oficinas están instaladas cinfo, ITG, Altia, Enxenio, ODEENE e Kelea, e no coworking Data Spartan, Green Skills, Inova Labs, Geobim, Unirisco, Francisco Javier Holguin, Josefina Anllon, Cosnor e Balidea.
Ademais destes espazos, o CSA conta con tres laboratorios de innovación avanzados: Media, que entre outras cousas, permite o desenvolvemento, testeo ou demostración de equipo especializado en Realidade Virtual e Aumentada; Dispositivos Intelixentes, idóneo para realizar pequenos desenvolvementos electrónicos con acceso a un obradoiro equipado con todo o necesario para crear prototipos; e Intelixencia Artificial, que dispón de servidores especializados para o adestramento de modelos e a despregadura en contornas de desenvolvemento de motores de inferencias. Ademais, dispón de espazos de demostración e showroom para o deseño e formación nas últimas tecnoloxías e produtos do sector TIC galego.
O Clúster engade que “neste primeiro ano de apertura, ademais de reforzar o papel das empresas tecnolóxicas galegas, este centro está a permitir ter unha maior proxección e visibilidade cara outros sectores, atraer novas empresas a Galicia e visibilizar o sector TIC galego no exterior; e non só iso, tamén actúa como escaparate continuo de solucións dixitais para os sectores económicos, a innovación universitaria e centros tecnolóxicos”.
Así, durante estes últimos doce meses, pasaron polo centro ao redor de 3.000 persoas, que asistiron ás 160 actividades que acolleu o espazo. Unha trintena destes eventos, aos que acudiron aproximadamente 1.850 persoas, contaron coa colaboración do Clúster TIC Galicia ou foron organizadas por socios da entidade. “Isto tradúcese no establecemento de sinerxías entre empresas, organizacións públicas, centros de investigación, estudantes e cidadanía”, apunta del Corral. Algúns dos programas que tiveron lugar integramente nas instalacións do CSA, no marco dos proxectos estratéxicos da entidade relacionados coa área de emprendemento, foron:
-A incubadora Node Hub para proxectos high tech, promovida polo Clúster TIC Galicia, en colaboración con INCIBE Emprende, onde se aceleraron unha quincena de propostas durante cinco meses -de maio a setembro deste ano-, a través dunha decena de sesións formativas con expertos en tecnoloxía, 30 horas de mentoring e 20 horas de asesoramento por proxecto, que se desenvolveron de forma íntegra no CSA.
-Tech Angels Network, para promover a aceleración tecnolóxica de novas firmas innovadoras e ideas de negocio de calquera sector, a través dun convenio asinado coa AMTEGA e o IGAPE. Lanzouse en outubro de 2023 e recentemente déronse a coñecer os proxectos que conseguiron formalizar alianzas estratéxicas con socios do Clúster TIC Galicia. Durante o programa, realizáronse diferentes sesións de asesoramento no CSA, así como a Sesión Pitching, onde se presentaron os proxectos seleccionados en Tech Angels Network para dalos a coñecer entre as entidades socias do Clúster TIC Galicia.
Con carácter paralelo, no eido dos proxectos clave do Clúster TIC Galicia relacionados co ámbito da formación e consolidación de talento, a agrupación galega destacou o programa formativo posto en marcha en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, que leva formado entre 2022 e 2024 a máis 8.000 alumnos, a través do 350 cursos, algún dos cales se impartiron nas instalacións do CSA. Este programa complementarase co Centro de Formación autonómico especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital que prevé instalar a Xunta de Galicia en Pedralonga.
Por outra banda, o Clúster tamén salienta o acordo pioneiro que vén de asinar co IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña, polo que o alumnado da FP Dual de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma deste centro recibirá formación técnica no Centro de Servizos Avanzados durante o presente curso.
O primeiro evento que acolleu o Centro de Servizos Avanzados celebrouse o propio día da inauguración, o 20 de outubro de 2023, baixo o nome Intelixencia Artificial e Empresa, organizado polo Clúster TIC Galicia e no que participaron expertos TIC de renome internacional de empresas como Denodo, NTT Data, MásMóvil ou Teléfonica.
Despois desta multitudinaria cita, o CSA acolleu multitude de actividades de diversa índole, como o Corunna Innovate Summit, organizado por Data Spartan, o Demo Day da incubadora do Clúster TIC Galicia, Node Hub, o IA Song Contest, Mundos Digitales, e Ilux Visual Technologies, ou o Infoday CL3 Galicia. Ademais, organizáronse eventos internos de diferentes empresas (Imatia, Cinfo, Noso Capital, Ikea, FINSA, Banco Santander, Vegalsa, Vitae Consultores, Cruz Vermella Española, Nortempo, etc.), encontros, xornadas formativas, reunións de traballo, asembleas ou presentacións realizadas por diferentes organismos (Xunta de Galicia, IGAPE, GAIN, Concello da Coruña, UDC, Campus Dual, Clúster do Audiovisual, Academia Galega do Audiovisual, Clúster do Deporte, etc.).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?