Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os grandes desafíos da Intelixencia Artificial debátense en Santiago no marco da ECAI 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os grandes desafíos da Intelixencia Artificial debátense en Santiago no marco da ECAI 2024

S. P.
Publicado: 21/10/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

O reitor intervindo na inauguración nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
O reitor intervindo na inauguración nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
Santiago é este días un referente da IA mundial: o mellor sitio posible para coñecer os principais avances rexistrados así como sobre os retos e desafíos que deberá afrontar a Intelixencia Artificial no futuro inmediato, retos e desafíos que teñen relación directa co regulamento, coa ética ou co potencial das tecnoloxías avanzadas para axudar á humanidade a emendar os seus principais problemas ambientais, sanitarios ou sociais. Esta é a base de traballo da European Conference on Artificial Intelligence (ECAI 2024), organizada esta semana en Santiago polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) e promovida pola Asociación Europea de Intelixencia Artificial (EurAI) e a Sociedade Española de Intelixencia Artificial (AEPIA).
No acto de apertura celebrado este luns 21 de outubro no Palacio de Congresos, o reitor Antonio López agradeceulles aos organizadores do evento elixir a cidade de Santiago, cunha universidade con máis de 500 anos de historia e que está “adestrando e formando os profesionais do futuro”. Así, destacou o compromiso da USC coa investigación neste eido, a través de centros singulares coma o CiTIUS e a colaboración con organismos e institucións para desenvolver proxectos nos eidos da medicina personalizada, deseño de microelectrónica para semicondutores ou ferramentas de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega.
As e os participantes na inuguración da conferencia sobre IA/Imaxe de S. A.
As e os participantes na inuguración da conferencia sobre IA/Imaxe de S. A.
Pola súa banda, o director do CiTIUS e presidente do comité organizador, Senén Barro, salientou o feito de que esta é a segunda ocasión na que Compostela acolle a Conferencia Europea de IA, despois de facelo de “con éxito en 2020, en plena pandemia, pero de forma exclusivamente dixital”. Barro subliñou que esta edición coincide co 50 aniversario do primeiro congreso sobre IA, o que indica que non é un ámbito de investigación recente e pediulles aos gobernos un “apoio decidido ao desenvolvemento da IA” na nosa comunidade.
No acto tamén interviñeron o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez; a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o director da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), Ignasi Belda; o director de Asuntos Gobernamentais da UE de Microsoft Corporation, Jeremy Rollison, e o director de Banca Institucional de Galicia de Santander España, Luis Pernas.
“Que esta prestixiosa conferencia volva a nosa terra é mostra da crecente relevancia desta Comunidade como punto de encontro para a ciencia e a innovación en Europa”, sinalou o conselleiro de Educación, subliñando o compromiso do Goberno galego a prol da IA, clave para o desenvolvemento da nosa terra: “Traballamos para situala como un eixo estratéxico do impulso económico, social e territorial da nosa Comunidade”.
Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco fixo especial fincapé no esforzo que está a realizar o Goberno de España para que o avance desta tecnoloxía sexa un auténtico desenvolvemento social, “de maneira que a revolución tecnolóxica que encarna a IA sexa posta ao servizo da cidadanía”. Nun plano máis concreto, destacou a posta en marcha na Coruña da sede da AESIA, que “fará de Galicia a capital europea deste tipo de tecnoloxías” e que levará a cabo “accións decisivas para establecer unha idónea regulación e investigación da IA”. Lembrou tamén a aprobación por parte do Goberno da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial, que vertebra as súas accións neste eido. Con ela, “España fai todos os esforzos para xogar un papel clave a nivel internacional no desenvolvemento desta tecnoloxía”, en palabras do delegado.
Contra as noticias falsas
No relatorio inaugural, a profesora de Procesamento de Coñecemento Ubicuo da Universidade Técnica de Darmstadt en Alemaña, Iryna Gurevych, presentou o Missci, un novo modelo teórico de argumentación contra os razoamentos falaces para desmantelar as narrativas enganosas baseadas en interpretacións falsas de publicacións científicas e alertou de que a “desinformación supón unha ameaza crecente para a nosa sociedade que se estende moi rapidamente”, debido ao volume de información e á relevancia do seu contido.
A profesora Gurevych lembrou que as crenzas das persoas a miúdo non dependen da afirmación e o razoamento racional, “senón de contido crible que fai que a afirmación pareza máis confiable”, como publicacións científicas ou contido visual “que foi manipulado ou provén de contextos non relacionados”. Os seres humanos “tendemos a crer con máis facilidade a información que nos chega de forma visual, a través de imaxes”, engadiu.
Récord de relatorios e asistentes
Fontes da USC lembraron que a conferencia ECAI 2024 supón un evento de récord, tanto polo número de relatorios presentados, que supera o medio milleiro, como polo número de asistentes, arredor de 1.600, e relevancia dos seus contidos.
No encontro haberá espazo para analizar como a IA está reconfigurando diferentes sectores de actividade, examinando as previsións de crecemento económico, as tecnoloxías implicadas, as diferenzas entre países e rexións e o papel dos estados e a industria. Afondarase tamén no terreo das certezas e dúbidas sobre a posible aparición dunha economía baseada na IA, en particular o desemprego tecnolóxico e a deslocalización de postos de traballo, así como a concentración de riqueza e poder nunhas poucas empresas e países.
Tamén se abordará o deseño de políticas de investigación en IA éticas e confiables para Europa, que busca estimular un modelo de investigación e desenvolvemento de IA centrado no ser humano, e fiable desde todos os puntos de vista.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?