Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seresco, finalista nos European Small & Mid Cap Awards 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seresco, finalista nos European Small & Mid Cap Awards 2024

S. P.
Publicado: 22/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fachada_seresco_matematico_pedrayes_1_-bca83.jpgSeresco, compañía asturiana especializada en solucións tecnolóxicas e transformación dixital, foi seleccionada como unha das doce compañías finalistas da 12ª edición dos European Small & Mid Cap Awards 2024. A tecnolóxica participa na categoría Rising Star, que destaca ás pemes que demostraron un rendemento sobresaínte e contan cunha capitalización de mercado de ata 200 millóns de euros.
Estes galardóns foron creados en 2013 pola Comisión Europea, EuropeanIssuers e a Federación Europea de Bolsas co obxectivo de promover as boas prácticas das pequenas e medianas empresas europeas.
Nesta edición, as entidades seleccionadas, elixidas entre as pemes máis dinámicas que saíron a Bolsa durante o período 2022-23, foron destacadas, por un xurado independente e experto, polos seus sobranceiros resultados nas diferentes categorías. Os gañadores serán revelados durante unha cerimonia que se celebrará o 19 de novembro de 2024, como parte da Asemblea de Pemes da Comisión Europea en Budapest, Hungría.
Para Seresco, “este recoñecemento, o primeiro da compañía no ámbito internacional, pon de manifesto o bo facer da nosa empresa; ser finalistas nuns galardóns da relevancia do European Small & Mid Cap Awards demostra que a empresa está aliñada coas mellores prácticas e estándares europeos, o que non só reforza a confianza de investidores e stakeholders, senón que tamén confirma que Seresco avanza polo camiño correcto en termos de estratexia e xestión financeira”. Ademais, engaden, “este nomeamento diferencia a Seresco dos seus competidores, subliñando o seu liderado en áreas clave como a tecnoloxía, a xestión de riscos e a expansión estratéxica”.
O crecemento reflectido nos últimos anos deu lugar a este nomeamento
A compañía asturiana deu o chimop ao BME Growth en decembro do 2022 e desde entón a súa traxectoria mantivo unha dinámica ascendente. Seresco anunciou en abril os seus resultados para o exercicio fiscal 2023, onde obtivo unha facturación de 42 millóns e uns beneficios de 2,1 millóns de euros. Estes ingresos supoñen un aumento respecto á cifra o exercicio pasado do 23%. Ademais, o EBITDA axustado creceu un 21%, ata os 5 millóns de euros. Con estes resultados a compañía encarrila o seu obxectivo de facturar 68,3 millóns no 2025.
Ademais, a organización emprega a máis de 1.000 profesionais, a maior parte deles en Asturias, o que se aliña coa idiosincrasia da compañía: crear valor desde España e para España. Nesta mesma liña súmaselle unha asentada presenza en territorio nacional, como decana tecnolóxica, a entidade cumpriu o ano pasado 50 anos na súa delegación de Vigo e este 25 nas sedes de Madrid e Barcelona.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?