Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volve o Facom Fest, o festival de contidos audiovisuais organizado polo alumnado da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volve o Facom Fest, o festival de contidos audiovisuais organizado polo alumnado da USC

S. P.
Publicado: 22/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

facom_fest.jpgA mocidade galega, e máis concretamente a da Universidade de Santiago, volve pechar fileiras arredor dos novos contidos e das novas canles. Fano cunha nova edición, a terceira, do certame Facom Fest, posto en marcha polo alumnado de 4º do grao de Comunicación Audiovisual da USC que, xunto co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, busca “achegar á cidade un espazo de encontro no que integrantes da comunidade estudantil poidan dar a coñecer as súas obras e, deste xeito, resaltar o traballo e o talento da xuventude galega en materia audiovisual”.
Segundo informou o equipo da organización, o prazo de inscrición comezou o pasado venres 18 e continuará aberto ata o martes 5 de novembro, vinte días antes da xornada inaugural do festival.
Engadiron que “un ano máis, a participación no Facom Fest contempla ao alumnado matriculado en calquera universidade ou centro de formación galego, con independencia dos estudos que estea a realizar”. As obras poderán presentarse a unha das dúas seccións que conforman o Facom Fest: a competitiva, con tres categorías (Ficción, Non Ficción e Videoclips) nas que a vitoria vai acompañada dunha compensación económica; e a non competitiva, destinada unicamente á exhibición das obras. Toda aquela persoa que estea interesada en participar debe inscribir a súa obra a través dun formulario.
facom_fest_2.jpg As obras adscritas á modalidade competitiva serán valoradas por un xurado integrado por estudantes e profesionais do sector. Sara Faro e Álvaro Gago son algúns dos nomes que estiveron valorando as pezas presentadas a competición nas anteriores edicións.
Ademais das proxeccións, o festival contará tamén con actividades formativas como xa aconteceu nas entregas pasadas. Tendo como exemplo os encontros organizados con Belén Puime (directora da webserie Pringadas e reporteira da TVG) ou Adrián Canoura (creador que traballa formatos tan diversos como o vídeo-clip, da man de artistas como Baiuca, ou o cine experimental, con pezas como Da morte nace a vida). Sen esquecer a presencia de eventos musicais, como foron os concertos de Futuro Alcalde ou Migui Bouzó en 2022 e 2023 respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?