Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ribeira ofrece en novembro unha manchea de cursos e probas de certificacións dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ribeira ofrece en novembro unha manchea de cursos e probas de certificacións dixitais

S. P.
Publicado: 23/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

francisco_suarez_puerta_ribeira_cemit_concello_presentacion.jpgO Concello de Ribeira, a través do seu segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta, presentou a nova programación de formación tecnolóxica da Aula CeMIT local para o vindeiro mes de novembro, unha axenda formativa na que se inclúen cursos sobre ciberseguridade, IA (Intelixencia Artificial) e detención de noticias falsas (fake news), e tamén diferentes exames para certificacións dixitais.
Suárez-Puerta salientou que “seguimos apostando pola formación e certificación dixital e imos afondar en cuestións como a IA e os bulos en liña das que nos parece que temos a obriga de informar á veciñanza, co fin de axudala a distinguir e procesar o bo uso da información dentro do mundo dixital”.
A continuación debullou o programa polo miúdo:
-Certificado dixital. Do luns día 4 ao xoves día 7 (4 días). O curso, de seis horas de duración, terá dúas quendas: de mañá (de 10.00 a 11:30 h) e de tarde 8 (de 16.00 a 17.30 h). Afondarase nas seguintes cuestións: que é un certificado dixital, pasos para solicitalo, renovalo ou anulalo; como instalalo, desinstalalo e facer unha copia nos distintos navegadores, e exemplos de trámites comúns.
–Iniciación á Intelixencia Artificial. Charla impartida por Cibervoluntarios, o venres día 8 de novembro, en horario de 10.00 a 12.00 h. Abordaranse os fundamentos da IA e as aplicacións máis innovadoras, especialmente ás envorcadas á xeración de texto, imaxes e vídeos.
–Ciberseguridade. Protéxete fronte aos delitos da IA. O xoves día 14 de novembro. A charla, impartida por FEGAUS, desenvolverase de 10.30 a 11.30 horas.
–Ciberseguridade, os teus primeiros pasos. O xoves 14 de novembro en horario de 12.30 a 14.00 horas. Segunda quenda dunha charla que xa impartira en abril.
–Fake News: como detectar novas falsas. O venres 15 de novembro. Impartida por Cibervoluntarios, en horario de 10 a 11h. Aprenderase a cuestionar a información que nos chega a través das redes sociais e Internet para detectar posibles contidos falsos.
-Protección ante fraudes e estafas en Internet (o venres 15 de 11 a 12 h.) – Como protexernos ante eles. Imparte Cibervoluntarios.
–Uso seguro de Internet. O xoves 20 de novembro, en horario de 10 a 11, impartida por Cibervoluntarios. Achegaranse as claves para facer un uso seguro e responsable da Rede, sendo conscientes da nosa pegada dixital e da nosa privacidade.
–Coñece todo sobre as tecnoadicións. Imparte Cibervoluntarios, o xoves 20 de novembro, de 11 a 12h. Definición, detección, tipos e identificación dos distintos tipos de adicións tecnolóxicas. Como previr e actuar ante esas situacións.
-Exame ComDix. O xoves 21 de novembro, con dúas quendas:
· De 10.00 a 12.00 h. De 12.00 a 14.00 h.
ComDix é a certificación galega de competencias dixitais que promove a Administración Galega, e que acredita o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais. Esta certificación ten como referente o Marco galego de competencias dixitais.
–Exame ComDix. O venres 22 de novembro, con dúas quendas:
· De 10.00 a 12.00 h. De 12.00 a 14.00 h.
–Crea o teu currículo con Canva. O mércores día 27, de 10.00 a 11.30 horas. Charlas impartidas por Cibervoluntarios.
–Busca activa de emprego en Internet. O mércores 27 de novembro de 11.30 a 13.30 horas. Aprender a buscar traballo por Internet e os distintos tipos de portais de emprego e redes profesionais que existen.
–Exame da Plataforma EMA. O venres 29, de 11.00 a 12.00 horas. Probas que se teñen que facer de forma presencial nas aulas CeMIT, exclusivas para as persoas que terminaron os cursos de teleformación na plataforma EMA.
Quen precise máis información ou formalizar as inscricións pode visitar a web da Aula CeMIT de Ribeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?