Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Biblioteca Universitaria da USC estrea unha nova interface do repositorio Minerva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Biblioteca Universitaria da USC estrea unha nova interface do repositorio Minerva

S. P.
Publicado: 23/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_minerva_confotos_1.jpgCoincidindo coa Semana do Acceso Aberto-Ciencia Aberta, o repositorio institucional da USC, Minerva, estrea nova versión cun deseño “máis amigable e intuitivo”, que, segundo fontes da Universidade, “achega melloras coma a vista de miniaturas de ítems na navegación e nos resultados das buscas”.
A USC engade que foi activado un modelo de entidades de autoría, de xeito que o PDI da Universidade de Santiago, incluído no Portal da Investigación, está identificado en Minerva no modelo de entidades, o que permite a unificación de nomes a través de buscadores de validación no proceso de introdución de metadatos, así como a conexión con outros perfís de autoría como ORCID ID, Scopus IS, Dialnet ou Google Scholar.
Ademais introducíronse melloras nos procesos de busca de información e filtros para afinar os resultados, realizouse a integración con Sherpa Romeo para a consulta directa de políticas editoriais sobre o autoarquivo a partir do ISSN de revistas e engadiuse información de citas, de xeito que a maiores de Google Scholar tamén se ofrecen os indicadores na plataforma Dimensions, que inclúe datos de métricas alternativas en Altmetric.
Estes labores súmanse aos procesos anteriores de adaptación de Minerva ás recomendacións nacionais e internacionais, como o uso de vocabularios COAR, integración dunha API para incorporar os datos de proxectos de investigación dunha forma estruturada ou a implantación do esquema de Europeana
Está previsto continuar co proxecto de mellora das capacidades e funcionalidades do repositorio institucional cunha serie de accións prevista a curto prazo, como a inclusión dun novo widget de visualización de estatísticas, a incorporación ao proxecto GeoRebiun para a xeolocalización dos traballos académicos ou a achega da funcionalidade de preservación de datos de investigación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?