Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno entrega cadanseu Premio Nacional de Investigación a Verónica Bolón, Beatriz Pelaz e Cristina Blanco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno entrega cadanseu Premio Nacional de Investigación a Verónica Bolón, Beatriz Pelaz e Cristina Blanco

S. P.
Publicado: 23/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premio_ciencia_galicia_veronica_bolon.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, entregou este mércores 23 de outubro cadanseu Premio Nacional de Investigación deste ano a Verónica Bolón, Beatriz Pelaz e Cristina Blanco. O delegado dixo que este premio reflicte o “peso cada vez maior do talento feminino na ciencia que se fai nos centros e organismos galegos”. E engadiu: “O futuro da ciencia en Galicia ten rostro feminino”.
Así llelo trasladou a dúas das investigadoras de universidades galegas que foron distinguidas polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
Pedro Blanco, acompañado da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, reuniuse este mércores con Beatriz Pelaz e con Verónica Bolón, que, xunto con Cristina Blanco, foron galardoadas nun fallo que se coñeceu a semana pasada, dentro da modalidade de investigadores menores de 40 anos.
En concreto, Beatriz Pelaz foi premiada na modalidade Felisa Martín Bravo, referente ás ciencias físicas, dos materiais e da terra. É investigadora principal do Centro Singular en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela, onde co-dirixe o grupo BioNanoTools.
Pola súa banda, Verónica Bolón, que acudiu á reunión acompañada de Moisés Canle, vicerreitor Titulacións e Internacionalización da Universidade da Coruña (UDC), acadou o premio Nacional de Investigación na modalidade María Andresa Casamayor, referente ás matemáticas a ás Tecnoloxías da Información e das Comunicacións. É profesora titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC e investigadora no Centro de Investigación TIC (CITIC).
A elas únese a investigadora Cristina Blanco Sío-López, premiada na modalidade María Moliner, referente ás humanidades.
Os Premios Nacionais de Investigación recoñecen o mérito daqueles investigadores e investigadoras de nacionalidade española que estean a realizar “un labor destacado en eidos científicos de relevancia internacional e que contribúan de forma significativa ao avance do coñecemento científico e ao progreso da Humanidade.”
Pedro Blanco lembrou que este ano o Ministerio de Ciencia incluíu por primeira vez medidas para fomentar a presentación de candidaturas equilibradas, que reflictan a realidade da ciencia en España, na que participan homes e mulleres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?