Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Zona Franca, Cámara de Comercio e Gradiant poñen en marcha o proxecto startTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Zona Franca, Cámara de Comercio e Gradiant poñen en marcha o proxecto startTIC

S. P.
Publicado: 23/10/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

zona_franca_vigo_gradiant_startic.jpgA incubadora de alta tecnoloxía en sectores estratéxicos emerxentes en Europa, startTIC, que liderará a Zona Franca coa participación da Cámara de Comercio e do Centro Tecnolóxico Gradiant, deu un paso máis para a súa posta en marcha en Vigo. A sede do Consorcio acolleu a sinatura do convenio dos tres organismos coa presenza do delegado especial do Estado, David Regades, o presidente da Cámara, José García Costas, e o director xeneral de Gradiant, Luís Pérez Freire. Ao acto, tamén asistiu o alcalde de Vigo e presidente do CZFV, Abel Caballero.
O convenio regula todos os aspectos desta incubadora de alta tecnoloxía ademais da creación dun espazo de incubación de novas firmas innovadoras (startups) do sector en Vigo.
O proxecto, a través do cal traballaranse todas as áreas TIC pero con especial fincapé nas tecnoloxías 5G e de ciberseguridade, “supoñerá un punto e aparte para a rede de empresas tecnolóxicas de Vigo e a súa área xa que dará un potente impulso ao ecosistema de iniciativas emerxentes”, sinalaron na presentación.
A incubadora startTIC conta cun investimento de 3,5 millóns de euros, 2,1 dos cales son financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Plurirrexional de España FEDER 2021-2027, despois de que a candidatura liderada por Zona Franca acadase a máxima puntuación entre os proxectos presentados e confirmase un co-financiamento do 60%, o máximo que podía solicitarse. Pola súa banda, o Consorcio achegará 1,2 millóns de euros, a Cámara de Comercio 125.000 euros e Gradiant 87.000.
O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, recoñeceu o orgullo de presentar “un proxecto tan potente, que volve ser froito dunha conxunción público e privada, o mellor valorado dos que se presentaron á convocatoria europea e que estará nunha contorna como López Mora que se converterá no hub TIC do Noroeste peninsular. Seremos, dixo o delegado, o polo de atracción e vertebración das empresas tecnolóxicas de Galicia e do norte de Portugal”. Regades sinalou que o edificio número 4 “estará xa en obras o ano que vén porque terminaremos o proxecto no primeiro trimestre de 2025 e marcámonos como horizonte que en dous anos non só estaremos a inaugurar este edificio senón todo o complexo de López Mora”.
O presidente da Cámara, José García Costas, salientou a colaboración de Zona Franca, Gradiant e a Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, e o apoio da Fundación INCYDE das Cámaras, que “proporciona unha sólida base para o lanzamento dun recurso que será clave no avance e consolidación do sector TIC, no que Vigo está chamado a ser un polo de referencia”.
Pola súa banda, o director xeral de Gradiant, Luís Pérez Freire, incidiu na importancia desta iniciativa “para impulsar a Galicia como unha comunidade de referencia no emprendemento TIC, con epicentro nun polo xeográfico xa moi vinculado a ámbitos TIC como as telecomunicacións,a ciberseguridade, a IA, os vehículos non tripulados, a tecnoloxia aeroespacial… e cada vez mellor posicionado en ámbitos emerxentes e estratéxicos como a cuántica, os semiconductores e a fotónica”. A través desta colaboración con Zona Franca e a Cámara, Gradiant pon ao dispor da incubadora a experiencia propia do centro tecnolóxico na incubación de tecnoloxías e a creación de spin-offs, que nos últimos anos levoulle a crear 3 empresas de base tecnolóxica que xa dan emprego a 50 persoas en Galicia, e prevé lanzar 2 novas spin-offs o próximo ano. Pérez Freire veu “StartTIC como un elemento necesario para axudar a consolidar o sector TIC galego autóctono, así como atraer novos axentes, en forma de empresas tecnolóxicas e investidores que axudarán a crecer máis e máis rápido ao ecosistema”.
Finalmente, o alcalde de Vigo e presidente do CZFV, Abel Caballero, quixo dar a maior transcendencia posible á sinatura deste convenio “porque detrás está o peso de Vigo e o que estamos a facer con este acto formará parte da historia da cidade”. O alcalde sinalou que “temos que ocupar todos os lugares e espazos desta revolución da tecnoloxía porque é a clave da economía e o emprego e non nos vai a parar ninguén”. O hub TIC é será unha lanzadeira das TIC. Xa o fixemos coa automoción, fixémolo no naval e agora volverémolo a facer coas novas tecnoloxías”.
O proxecto startTIC vertébrase en dúas accións: por unha banda, o acondicionamento sostible e equipamento tecnolóxico, dixital e innovador do edificio número 4, que albergará a incubadora, e que desenvolverá a Zona Franca coa execución da obra de remodelación integral e a dotación de infraestruturas e equipamentos tecnolóxicos. Tamén, o Consorcio asumirá o mantemento e xestión do espazo.
A outra acción será o desenvolvemento de programas de asesoramento continuo para o impulso das startups e a xeración de sinerxías entre elas e o ecosistema que fomentarán a innovación, o acceso a financiamento, o mentoring especializado e tecnolóxico e o networking. Neste apartado, a Cámara de Comercio farase cargo de actividades de dinamización como os programas de internacionalización e executará os seus propios programas de emprendemento. Pola súa banda, Gradiant asesorará a Zona Franca no deseño e selección do equipamento tecnolóxico, colaborará na súa xestión posterior e levará a cabo os programas e o mentoring, sobre todo os especializados e tecnolóxicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?