Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo crea ApiConecta, unha ferramenta dixital para xestionar a información das colmeas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo crea ApiConecta, unha ferramenta dixital para xestionar a información das colmeas

S. P.
Publicado: 25/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

apiconect1a.jpgA Universidade de Vigo, a Agrupación Apícola de Galicia (asociación con preto de 1000 socios e socias e 85.000 colmeas), o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, (organismo referente no sector) e apicultoras e apicultores veñen de unirse para a creación de ApiConecta, unha ferramenta dixital que beneficiará á apicultura galega mediante a dixitalización da información recollida nas visitas ás colmeas e co establecemento dunha rede de comunicación áxil e bidireccional entre apicultores e persoal técnico.
Co título ApiConecta. Tecendo Conexións Dixitais para Fortalecer a Apicultura, a UVigo participa dende a Facultade de Ciencias do campus de Ourense xunto a un equipo do Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais liderado por Mª del Carmen Seijo e formado por Olga Escuredo, M. Shantal Rodríguez e Ana Diéguez-Antón, e outro equipo da Escola Superior de Enxeñaría Informática, composto neste caso por Eva Lorenzo, Lourdes Borrajo, Adrián Seara e Pedro Celard.
Indo ao proxecto, dicir que dá continuidade á traxectoria do grupo liderado por Carmen Seijo no desenvolvemento de proxectos de investigación destinados a promover a modernización do sector apícola e realizados en colaboración cos seus axentes. ApiConecta tivo a súa xuntanza de lanzamento este mes de outubro e desenvolverase ata 2026 financiado polas axudas da Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia para proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027.
Para facer fronte a todas os atrancos xurdidos (a avespa asiática, o cambio climático…) a apicultura galega contará coa axuda desta idea que achega, segundo as súas entidades promotoras: “unha oportunidade para a modernización do sector” incorporando sistemas de dixitalización da información e establecendo canles de comunicación para mellorar a xestión das explotacións apícolas.
ApiConecta quere pór a disposición do sector apícola galego unha rede integrada ou comunidade informatizada formada por apicultores e técnicos, que actúe como punto central de comunicación e difusión para mellorar a viabilidade das colonias de abellas. En primeiro lugar, desenvolverase un sistema de comunicación interactivo entre o persoal técnico e apicultores baixo unha mesma canle de difusión de xeito bidireccional. “Permitirase unha comunicación máis áxil, unha resposta de máis calidade e o seguimento das accións levadas a cabo pero tamén a realización de alertas para previr situacións de risco (alimento, vespa velutina, várroa, resistencias ou secas)”, sinalan.
En segundo lugar, en ApiConecta crearase un módulo de recoñecemento de voz que simplifique a recollida de información durante as visitas ás colmeas. “Cando se usan equipos de protección (traxes de apicultor), a toma de datos tanto escritos como informatizados é lenta e complicada”, comentan desde o proxecto. Un sistema de recollida de información por voz, engaden, “permitirá tomar datos das colmeas dun xeito doado, evitando riscos, xa que non será necesario deixar as mans ao descuberto”. Por último, deseñarase un repositorio de datos na nube que recolla e manteña accesible información sobre o estado das colmeas, poñendo a disposición do apicultor e do técnico ferramentas dixitais para “facer un seguimento, avaliar o estado das súas colmeas, tomar decisións e actuar”.
En resumo, con ApiConecta ten como finalidade mellorar a capacidade tecnolóxica e modernizar o sector apícola, facendo que as explotacións sexan máis sostibles, empregando os recursos con maior eficiencia e favorecendo o traballo cotián de apicultores e técnicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?