Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e o Álvaro Cunqueiro impulsan o exercicio con VR para menores en tratamento oncolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e o Álvaro Cunqueiro impulsan o exercicio con VR para menores en tratamento oncolóxico

S. P.
Publicado: 28/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_nenos_oncoloxicos_re1.jpgO grupo HealthyFit da UVigo, o grupo de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e máis o Servizo de Pediatría da Área Sanitaria de Vigo, queren contribuír ao benestar físico e psicolóxico das e dos menores que se enfrontan a un tratamento oncolóxico, e queren facelo botando man das ferramentas tecnolóxicas máis avanzadas e coas que nosa rapazada xa leva tempo convivindo e interactuando.
Así, a través de programas de exercicio terapéutico de oito semanas, baseados no uso de videoxogos que implican movemento nunhas lentes de Realidade Virtual, os menores poderán realizar terapias baseadas no movemento dende os seus domicilios, segundo explicou Pablo Campo, investigador do grupo HealthyFit, pertencente tamén ao IIS Galicia Sur.
“Os videoxogos son algo próximo para eles e dannos a opción de que traballen un pouco desde o punto de vista físico e cognitivo”, sinala Campo, que o pasado venres 25 de outubro impartía un curso de adestramento a persoal dos servizos de Pediatría e Oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, no que este expuxo aspectos técnicos e de manexo destas tecnoloxías para a súa correcta aplicación e obtención de resultados. Ademais, esta xornada formativa tivo tamén como obxecto que este tipo de tecnoloxías poidan servir de apoio na asistencia a nenas, nenos e adolescentes no Hospital de Día, mediante o emprego deste tipo de dispositivos.
“Os tratamentos de quimioterapia aos que teñen que enfrontarse as e os menores xeran unha serie de efectos adversos, como perda de masa muscular ou edemas, que o exercicio axuda a minimizar”, engadiu a doutora María Tallón, oncóloga pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro, promotora desta experiencia e investigadora deste grupo Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica, que coordina a responsable do servizo de pediatría, Ana Concheiro. “Contribuír á mobilidade de pacientes menores que están sendo sometidos a longas terapias que inflúen no seu manexo cotiá é esencial, xa que axudan, non só a mellorar o que corresponde a manter un físico saudable, senón a unha mellor actitude psicolóxica, que favorece o seu proceso de recuperación”, engadiu nese senso Tallón, que incide en que “a elección deste tipo de tecnoloxías é atractiva e de fácil emprego polas nenas e nenos, o que supón un método moi axeitado para alcanzar estes obxectivos”.
A iniciativa comezou cun mozo que participou nun programa piloto de oito semanas, cuns resultados “moi positivos”, como recoñece Campo, investigador da Facultade de Fisioterapia. Coa colaboración da asociación Bicos de Papel, a Fundación García Chillón e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), puido darse continuidade a esta iniciativa, na que participaron xa unha decena de nenos, nenas a adolescentes, de entre 6 e 16 anos. Este grupo leva a cabo este programa nos seus domicilios despois de someterse á quimioterapia, durante o propio tratamento ou, “nalgúns casos, antes de inicialo”, explica Campo, coa idea de que poidan afrontalo “nas mellores condicións físicas e funcionais”. Trátase, lembra, dun programa “cunhas pautas moi específicas”, que implican a realización de sesións, cos videoxogos seleccionados, de entre cinco e nove minutos, “un mínimo de tres días por semana e un máximo de seis”, coa idea de que poidan levalos a cabo “no momento no que o neno se atope mellor e con máis enerxía”. Para iso, sinala, “contamos coa colaboración de pais e nais”, cos que se realiza unha sesión informativa previa, “como “cun seguimento remoto dos equipos”.
Ao inicio e remate do programa realízase ademais unha avaliación dirixida a coñecer a evolución dunha serie de variables antropométricas e de capacidades físicas e funcionais. Ata o de agora, “todos melloran a súa forza, equilibrio e resistencia cardiorrespiratoria, aspectos ligados á coordinación e tempos de resposta…”, recoñece Campo. Nese senso, dar continuidade ao programa permitirá tamén seguir reunindo datos para levar a cabo unha investigación pioneira xa que, apunta, “ata onde chega o noso coñecemento non hai un programa parecido en ningún hospital español”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?