Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 30 investidores mostran en Tech Angels o seu interese en financiar proxectos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 30 investidores mostran en Tech Angels o seu interese en financiar proxectos galegos

S. P.
Publicado: 28/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cluster_tic_tech_angels.jpgMás de trinta investidores de carácter nacional e internacional danse cita esta semana (entre este luns 28 e o martes 29) no evento Tech Angels Capital, organizado polo Clúster TIC Galicia para que coñezan de preto os proxectos de quince startups galegas que buscan financiamento. O evento tamén se dirixe a fomentar reunións cunha decena de empresas consolidadas do sector TIC, nun foro con vocación permanente, para xerar spin-off tecnolóxicas.
O congreso, organizado polo Clúster TIC Galicia, inaugurouse na sede da Zona Franca de Vigo coa intervención do presidente da entidade, Antonio Rodríguez del Corral, e a presenza de distintas autoridades, como David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo, Miguel Rodríguez, director da Área de Sociedade Dixital da AMTEGA, e Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do IGAPE.
O presidente do Clúster TIC Galicia destacou que este evento organízase nun momento clave para a industria. “O sector TIC galego goza de solidez e estamos perante un cambio de paradigma onde queremos facer un esforzo por promover novas firmas innovadoras de deep tech e alta tecnoloxía, ademais de poñer en valor e rendibilizar o know-how que xa existe no sector”, sinalou, e engadiu: “Queremos iniciar un camiño recorrente e establecer lazos entre emprendedores e investidores”.
cluster_tic_tech_angels_participantes.jpgO delegado do Estado na Zona Franca, anfitrión das xornadas, puxo en valor as sinerxías do Consorcio que dirixe coa rede de empresas tecnolóxicas e a interacción cos investidores que se desenvolven nun foro como Tech Angels Capital. “En Zona Franca non concibimos a actividade económica sen ter en conta ao tecido empresarial, as empresas son a nosa razón de ser porque, ademais cremos profundamente na colaboración público-privada”, declarou Regades.
Pola súa banda, o director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo, salientou a ampla presenza de investidores no evento, a figura do business angel como recurso de apoio ao emprendemento, así como o expertise das empresas tecnolóxicas galegas consolidadas no mercado. “Este encontro contribuirá a impulsar o ecosistema emprendedor de Galicia”, afirmou.
Ademais, Miguel Rodríguez, director da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), mostrou o seu apoio total a este tipo de iniciativas, trasladando o seu desexo de que Tech Angels Capital “persista no tempo”.
Galicia Ecosystem Forum
cluster_tic_tech_angels_antonio_rodriguez_del_corral.jpg O encontro, que conta coa colaboración do Consorcio, a AMTEGA, o IGAPE e a incubadora Node Hub, estrutúrase en dúas xornadas. O acto principal deste l uns é o Galicia Ecosystem Forum, onde as empresas socias Acruxmartech, Altia, Baía, Cinfo, Imatia, Ingenostrum Quobis, Vega Consultores, SG tech, Ozona e Nornna reuniranse cos investidores para establecer un foro con carácter permanente para impulsar spin-off tecnolóxicas.
Entre a trintena de investidores atópanse fondos públicos e privados, como XesGalicia, Unirisco, Noso Capital, La Cantera Capital, BanClub, Kai Capital, Xenese Capital, First Drop, Kibo Ventures, Startup Xplore, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo, Sabadell Gallego, Turislab, Berchmann Capital, Delgado Asociados, Clark&Modet, Funding Box, European Investment Fund, BFFood, DPI, Ipglobal, Torsa Capital, Netaccede SCR-Peme, así como diferentes particulares.
Este martes celebraranse as presentacións dos quince emprendedores seleccionados perante estes fondos de investimento. En primeiro lugar, celebraranse as sesións pitching dos proxectos Beagle Lab, 10mets, Cluber, PhotoILike, TechAway, Vestigum Capital, SensesBit, Inverbis, Cargoffer, Blue Quality, Celeiro, Stelviotech, Envita, Zenss e Ccdata-Data Monitoring-Perfect Numbers. Logo presentarase La Cantera, un club de investidores interesados en financiar startups. Para concluír, celebraranse encontros 1to1, deseñados para facilitar conexións estratéxicas entre os fondos e os emprendedores, co obxectivo de crear sinerxías e establecer posibles acordos de colaboración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?