Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITMAga traduce os sons procedentes do fondo da costa galega en datos numéricos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITMAga traduce os sons procedentes do fondo da costa galega en datos numéricos

S. P.
Publicado: 28/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citmaga_andres_prieto_e_pablo_rubial.jpgA caracterización numérica do fondo mariño empregando datos hidroacústicos é un dos proxectos nos que están a traballar no CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), impulsado polas tres universidades galegas, integra todas as capacidades científicas desta disciplina na nosa comunidade. Trátase dunha acción integrada no Decenio 2021-2030 das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible da ONU.
Indo ao proxecto en cuestión, este atópase inserido nunha das áreas de investigación do centro que é a sustentabilidade, tratando de avanzar na comprensión dos fenómenos ambientais e na loita contra o cambio climático. En relación a este eido, estudan os variables procesos ambientais e ecolóxicos nas contornas costeiras, provocados pola situación climática.
É unha iniciativa de traballo conxunto dun equipo multidisciplinar formado por persoal investigador das áreas de Matemática Aplicada das universidades da Coruña e Trento (Italia), Estatística da Universidade de Santiago, Física Matemática da UNED e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. O equipo está coordinado por Andrés Prieto, investigador e docente do departamento de Matemáticas da facultade de Informática da Universidade da Coruña e vencellado ao CITMAga. O proxecto conta co apoio do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
citmaga_imaxe_fondo_marino.jpgO investigador da UDC explica que o obxectivo desta iniciativa é fomentar o deseño, a implementación e o uso de ferramentas baseadas en xemelgos dixitais para monitorizar a natureza física do fondo mariño, empregando para iso datos hidroacústicos. “A finalidade é poder analizar e predicir os fenómenos complexos que actúan sobre os ecosistemas mariños” -sinala-. Céntranse nos ambientes submarinos costeiros, “que son particularmente complexos á hora de deseñar e implementar metodoloxías técnicas efectivas que permitan avaliar a saúde dos seus ecosistemas e a súa evolución estacional”. Nesta senso, Prieto apunta que ”as medicións hidroacústicas son a clave para monitorear a natureza do fondo mariño nas zonas costeiras, rexións especialmente afectadas polas actividades humanas e os fenómenos extremos”.
O investigador sinala que “a contorna submarina é heteroxénea e complexa pola súa propia natureza, pero os seus elementos xeofísicos e biolóxicos poden modelarse matematicamente. Para iso empréganse métodos numéricos que permiten calcular a resposta acústica dunha configuración específica do fondo mariño”.
O proceso para levar a cabo a caracterización numérica do fondo mariño é o seguinte. Primeiro realízanse medidas experimentais en diferentes localizacións mediante unha ecosonda situada sobre a superficie do mar, coa finalidade de escoitar o océano. Os sinais acústicos viaxan ata o fondo, eses sinais rebotan e rexístranse nuns ecogramas, de xeito que os sons se converten en imaxes. E, finalmente, co modelo dixital desenvolto polo equipo, calcúlanse numericamente as características do fondo mariño. “Isto permite realizar unha clasificación e unha cuantificación das propiedades dos fondos mariños, posto que cada tipo de fondo ten unha firma acústica diferente”, segundo o experto do CITMAga.
Andrés Prieto explica que existen batimetrías, que se poden ler como mapas de relevo do fondo do mar e indican a profundidade á que se atopa, pero non o seu estado nin os elementos que hai no mesmo. Así, os investigadores están a desenvolver diferentes ferramentas dixitais de cálculo, que, a partir dos datos hidroacústicos, posibilitan extraer moita información e levar a cabo unha caracterización numérica do fondo mariño, co fin de poder coñecer o seu estado e mesmo poder predicir a súa evolución no tempo.
Para concluír, o investigador do CITMAga afirma que con esta idea disporase de ferramentas numéricas capaces de clasificar e analizar o estado dos fondos mariños na costa galega, feito que suporá un avance en canto a ter datos como o espesor da area, a presenza de lodos ou de algas…, ou sexa, coñecer a evolución da paisaxe baixo diferentes eventos estacionais e extremos como poden ser inundacións ou corrementos de terra mariños. Asemade, terase a capacidade de cuantificar a presenza e a concentración de bivalvos e outros recursos en determinadas áreas do litoral, de cara a contribuír á toma de decisións relativas á xestión dos recursos e das actividades que se realizan na costa, entre outros aspectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?