Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Boiro, A Pobra e Rianxo activan un obradoiro de emprego centrado en sistemas informáticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Boiro, A Pobra e Rianxo activan un obradoiro de emprego centrado en sistemas informáticos

S. P.
Publicado: 29/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

belen_do_campo_obradoiro_pobra_rianxo_e_boiro.jpgEste luns 28 de outubro inaugurouse en Boiro o Obradoiro de Emprego Xuventude I, organizado de xeito conxunto polos Concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo e centrado en operacións auxiliares e mantemento de sistemas informáticos. Na posta en marcha as actividades do obradoiro participaron os alcaldes dos ditos municipios (José Ramón Romero, José Carlos Vidal e Julián Bustelo, respectivamente) e máis a delegada da Xunta, Belén do Campo, que puxo en valor o papel destas iniciativas na formación teórico-práctica para mellorar a empregabilidade das persoas participantes ao tempo que contribúen a mellorar servizos para os concellos.
A delegada lembrou tamén que en Boiro está a piques de rematar outro obradoiro de emprego dual e comezará outro dual a finais de ano. A Xunta inviste nestes 3 programas máis de 1,3 millóns de euros.
Volvendo a Xuventude I, a delegada lembrou que conta cunha achega da Xunta de case 410.000 euros para o seu funcionamento e beneficia a 15 persoas.
belen_do_campo_obradoiro_pobra_rianxo_e_boiro_2.jpgO alumnado terá a oportunidade de formarse en ámbitos de gran demanda por parte das empresas, como por exemplo a montaxe de equipos informáticos e as operacións auxiliares de mantemento de sistemas informáticos, ademais de realizar operacións auxiliares con Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC). A maiores, obterán un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación, brindaráselles a posibilidade de traballar nunha empresa do ámbito das materias impartidas.
Como dixemos, a través deste obradoiro ofertáronse 15 prazas de persoal laboral temporal como alumnos/as traballadores/as que se repartirán entre alumnado dos tres municipios do Barbanza. O contrato de traballo será para a formación en alternancia, cunha retribución do salario mínimo interprofesional e unha xornada de traballo a tempo completo durante 12 meses en horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?