Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a conta atrás para o inicio do 2º Foro da Industria Galega do Audiovisual: FIGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a conta atrás para o inicio do 2º Foro da Industria Galega do Audiovisual: FIGA

S. P.
Publicado: 29/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

lingua_e_audiovisual_fic_cidade_das_tic-2.jpgA Cidade das TIC da Coruña acollerá, entre o 7 e o 9 de novembro, o segundo Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), un punto de encontro para o sector que poñerá o foco na intersección entre a diversidade lingüística e o medio audiovisual. Organizado pola Academia Galega do Audiovisual, o foro reunirá a máis de 30 voces expertas na materia, dende profesionais do guión, realización ou programación, ata da tradución e o subtitulado, xornalistas e docentes. O programa ao completo pódese consultar na web da Academia.
Intervirán, entre outros, Marta Cruañas, produtora en Canadá, a empresa de produción coñecida polos videoclips de artistas como Rosalía, Dua Lipa ou Aitana. Tamén participarán Dalibor Matanic, director e guionista croata, premiado no festival de Cannes polo seu filme Baixo o sol e director da serie revelación de Netflix O último artefacto socialista; os creadores das series Altsasu e O sabor das margaridas; ou a produtora Beli Martínez, que ven de ser galardoada na última edición da SEMINCI.
FIGA, que este ano se desenvolve baixo o título Lingua e audiovisual, estruturarase en tres xornadas temáticas que irán debullando as chaves para entender a situación actual e os retos de futuro que permitan que a diversidade lingüística siga a estar representada no eido audiovisual.
Os relatorios do xoves, 7 de novembro encádranse baixo o título Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados e, neles abordarase o desafío de conectar cunha nova xeración de espectadores e espectadoras creando referentes visuais frescos e próximos.
Aquí, especialistas en programación, como Judith de Argila, responsable do Departamento de contidos dixitais e transmedia e creación de comunidades de 3Cat; Daniel Hernández, director de Estratexia de 3Cat; Fernando Ojea, director de Contidos da CRTVG.gal e secretario xeral de CIRCOM-Regional.eu; José Luis Blanco, Ddrector de Programación de EiTB-Euskal Telebista/Primeran e Andrea Villa, programadora do Carballo Interplay compartirán as súas experiencias e propostas xunto con Adrián Canoura, realizador de videoclips, cine experimental e formatos contemporáneos e Marta Cruañas, produtora no estudio Canadá.
Tamén participarán Pablo Romero, profesor de tradución e lingüística na Universidade de Vigo; Charo Pena, actriz, directora de dobraxe e adaptadora de textos audiovisuais; María Suárez, tradutora audiovisual e Samuel Solleiro, tradutor audiovisual e literario, músico e escritor.
A temática do venres, 8 de novembro será Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas ou minoritarias na que se abordarán os desafíos que deben abordar as producións en linguas non hexemónicas, como poden ser o croata, o éuscaro ou o galego, desde a óptica dos creadores, como Dalibor Matanic, guionista e director da serie O derradeiro artefacto socialista; Asier Urbieta, director da serie Altsasu; Ghaleb Jaber Martínez, creador da serie Motel Valkirias; e Beli Martínez, docente e produtora en Filmika Galaika.
Contarase tamén co punto de vista da academia, coas intervencións de Fernando Redondo, investigador no Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela e Ana Viñuela, profesora de cine e audiovisuais na Universidade Sorbonne Nouvelle – Paris III.
O sábado, 9 de novembro, FIGA concluirá cunha xornada centrada en Cara un circuíto estable e unha normalización na lingua do audiovisual. Intervirán produtores como Alfonso Blanco, director de Portocabo; distribuidores como Milo Baños, xerente da distribuidora Baños Films e Sonia Abbas, xefa de distribución nacional en Begin Again Films; guionistas como Araceli Gonda e Pepe Coira; a intérprete Lidia Veiga; a cineasta Paula Cons; Rosa Moledo, asesora lingüística das series Fariña ou El caso Asunta; e Jessica Izquierdo, coordinadora do Observatori de Continguts i Plataformes mediàtiques da Universitat Jaume I., guionista.
A dirección de contidos de FIGA corre a cargo de María Soliña Barreiro, profesora titular no departamento de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación GEA (Grupo de Estudos Audiovisuais).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?