Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Profesorado da UDC traballa nunha plataforma educativa para fomentar a I+D en Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Profesorado da UDC traballa nunha plataforma educativa para fomentar a I+D en Europa

S. P.
Publicado: 29/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sonia_zaragoza_udc_plataforma.jpgProfesorado do Campus de Ferrol da UDC traballa nun proxecto que dará forma a unha revolucionaria plataforma de formación en Europa: unha ferramenta educativa que fomentará a aprendizaxe baseada na investigación botando man de algoritmos de aprendizaxe automática e da Intelixencia Artificial. Estes recursos tecnoloxías permitirán ao alumnado e á comunidade investigadora atopar as publicacións, os libros ou os artigos científicos máis axeitados en función da temática que se estea a estudar.
Este é o principal obxectivo do Proxecto Europeo Erasmus+ Research based teaching for life-long LEARNing (RELEARN) que lidera, en representación da Universidade da Coruña, a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza Fernández.
A empresa sueca de servizos dixitais de apoio ás actividades de investigación e educación Research Unfolded Sweden AB coordina este proxecto de innovación docente no que tamén participan a Josip Juraj Strossmayer University of Osijek (Croacia), a Sapienza Università di Roma (Italia), a University West (Suíza), a Universidade da Coruña (España) e a empresa de programación informática RUn IT (Bosnia e Herzegovina).
O mércores 13 de novembro, a sala de conferencias do Edificio de Batallóns do Campus Industrial de Ferrol acollerá unha sesión de traballo en liña entre todos os socios na que profesorado universitario, alumnado de distintos niveis educativos e estudantes de programas de doutoramento presentará os avances desta iniciativa de innovación docente e testeará esta plataforma para propoñer posibles melloras e abrila ao conxunto da sociedade.
O proxecto conta cun orzamento total de 251.350 euros. A Universidade da Coruña dispón de 36.570 euros para levar a súa parte do proxecto grazas ao traballo do profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas do Campus da Coruña así como de alumnado do programa de doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?