Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Hackathon USC premia tres proxectos que reivindican as empresas familiares, as xuntanzas presenciais e o noso rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Hackathon USC premia tres proxectos que reivindican as empresas familiares, as xuntanzas presenciais e o noso rural

S. P.
Publicado: 30/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hackathon_usc_participantes.jpgA primeira edición do Hackathon USC Emprende rematou cun balance “moi positivo de creatividade e ideas”, en palabras da organización deste evento no que participaron case medio cento de participantes traballando en dinámicas colaborativas. Desenvolveron seis proxectos co denominador común de buscar solucións para un futuro máis sostible e de maior benestar, coa mentoría de diferentes profesionais. Premiouse finalmente un proxecto para asegurar a remuda xeracional nas empresas familiares, unha solución reivindicar as xuntanzas presenciais e unha plataforma de Realidade Virtual que reivindica o rural.
O xurado, composto polo director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), José Luis Villaverde; a profesora do Departamento de Economía Financeira e directora da Rede de Investigación sobre Emprendemento GEM Galicia, Loreto Fernández, e o director de Investimentos de Unirisco, Pablo Mosquera, decidiu outorgar o primeiro premio ao proxecto LegaSí, enfocado a asegurar o relevo xeracional nas empresas familiares e a preservar o seu legado empresarial e de coñecemento. O proxecto foi desenvolvido por Ledys Daniela Patrón de la Cruz, Javier Villar Magán, Emilia Varela Miguel e Marco Antonio Bravo Fabián.
O segundo premio foi para Cubo, pensado como solución para favorecer experiencias presenciais organizadas por grupos de persoas con afinidades e expectativas afíns, como contrapunto ao excesivo consumo de Realidade Virtual, contribuíndo así a mellorar o benestar emocional e a saúde física e mental. Foi desenvolvido por Adriano Gianni, Álex Alcalá e José Manuel Ramírez.
E o terceiro premio foi para Rural Retreat, unha plataforma de Realidade Virtual para favorecer o coñecemento inmersivo da contorna rural e poder así superar o actual despoboamento rural; o proxecto foi desenvolvido por Héctor Bouzas, Santi Albarrán, Álvaro Barreiro e Roi Ferreiro.
Os tres proxectos premiados xa pasan directamente a formar parte da vindeira edición do programa Explorer, que se celebrará en xaneiro a maio de 2025, unha iniciativa da AVTE que ofrece formación para transformar proxectos emprendedores en negocios viables.
O Hackathon USC Emprende contou coa asistencia do delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero, que quixo motivar e animar os seis equipos participantes durante as dinámicas de traballo colaborativo. Amais, os equipos contaron coa mentoría, orientación e apoio de distintos profesionais e con sesións de formación e obradoiros (impresión 3D, Intelixencia Artificial, cortado láser e mercadotecnia dixital) como “unha oportunidade para adquirir novos coñecementos e poder aplicalos nos diferentes proxectos desenvolvidos en equipo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?