Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Secretaría Xeral da Lingua celebra o Mes da Ciencia en Galego con máis de 40 actividades nas bibliotecas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Secretaría Xeral da Lingua celebra o Mes da Ciencia en Galego con máis de 40 actividades nas bibliotecas

S. P.
Publicado: 31/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mes_da_ciencia_en_galego_nas_bibliotecas_.jpgO secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentaron este xoves 31 de outubro a axenda da Xunta para celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, unha axenda integrada por máis de 40 actividades. O obxectivo deste programa de divulgación, que se celebra dende 2014 todos os anos, é “sensibilizar sobre o valor de empregar a lingua galega na divulgación científica”.
Na presentación da programación, que se celebrou na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago, os representantes do Goberno galego destacaron a importancia desta efeméride para “a difusión da ciencia a través dos libros e dos recursos en galego que están á disposición dos lectores”. Ademais, salientaron “a necesidade de trasladar este coñecemento aos máis cativos a través dos centros educativos, tal e como facemos con este programa”.
Fixeron saber, nun plano máis concreto, que as bibliotecas xestionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo acollerán máis de 40 propostas a prol da divulgación científica. Deste xeito, haberá obradoiros de robótica, de astronomía, de arquitectura ou maxia, así como escape-rooms, mostras bibliográficas, charlas, contacontos e exposicións. As actividades celebraranse durante todo o mes de novembro e poden consultarse nas páxinas web dos respectivos centros.
mes_da_ciencia_en_galego_nas_bibliotecas_2.jpg Ao mesmo tempo, os centros educativos de primaria e secundaria desenvolverán, ao abeiro desta programación, unha serie de iniciativas como publicacións, conferencias, exposicións de proxectos, xogos interactivos, podcast ou concursos para incentivar o traballo en equipo e para que o alumnado teña a oportunidade de interactuar con estes conceptos e coa tecnoloxía. Para levar a cabo todas estas citas, o Goberno galego impulsa a colaboración entre os equipos de dinamización lingüística e as bibliotecas escolares.
Como complemento ás iniciativas, o Goberno galego tamén ten aberto un portal web no que se atopan unha selección de materiais científicos e libros de non ficción en lingua galega. Ademais, impulsarán o programa Biblioteca Creativa e un concurso de traballos por proxectos, ambos co obxectivo de fomentar a aprendizaxe e a colaboración entre o alumnado e o profesorado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?