Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Talentia Summit 2024 achega máis de 3.000 prazas gratuítas en cursos e certificacións oficiais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Talentia Summit 2024 achega máis de 3.000 prazas gratuítas en cursos e certificacións oficiais

S. P.
Publicado: 31/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

santiago_1730383358talentia24.jpgO maior evento de emprego de Galicia, o encontro compostelán Talentia Summit, celebrará a súa edición de 2024 do 12 ao 15 de novembro, cun programa cheo de novidades e facendo unha clara aposta pola formación. A feira, organizada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude de Santiago, ten como obxectivo “proporcionar ferramentas, contactos e formación para que as persoas participantes poidan desenvolver todo o seu potencial profesional”.
A feira renova a súa decidida aposta pola formación, cunha oferta de máis de 3.000 prazas en cursos online e certificacións oficiais en competencias dixitais e idiomas.
Unha das principais novidades desta edición será o Talentia IT Skills, un programa de formación e certificacións en tecnoloxía que busca cubrir a crecente demanda de perfís tecnolóxicos. Este programa ofrece formación oficial en áreas clave como a computación na nube, a análise de datos a gran escala (Big Data), a Intelixencia Artificial, a ciberseguridade, as redes e a programación, con cursos de fabricantes e institucións de referencia como Microsoft, Meta, Cisco Networking Academy e Python Institute. Segundo informou o Concello, “a oferta está pensada tanto para as persoas en fase de reciclaxe profesional como para aquelas que desexen dar os seus primeiros pasos no ámbito tecnolóxico”. A través do Talentia Summit ofertaranse mil prazas neste programa, para actividades formativas que se desenvolverán ao longo dun ano.
Ademais, este ano refórzase a oferta relacionada cos idiomas, de maneira que a través de Talentia Summit 2024 podernase obter certificacións oficiais como o Oxford Test of English, recoñecida polo MCERL para os niveis A2, B1, B2 e C1. Desta maneira, as persoas inscritas poderán validar o seu nivel de inglés e mellorar o seu perfil.
Entre os recursos formativos dispoñibles a organización destaca tamén os cursos de Linkedin Learning, cunha licenza temporal que permitirá acceder a máis de 15.000 accións formativas da plataforma en temas tan diversos como desenvolvemento persoal, xestión de proxectos, programación ou deseño gráfico.
En canto á feira de emprego de Talentia Summit 2024, desenvolverase nun formato totalmente virtual. Así, as persoas participantes poderán explorar as oportunidades laborais que ofrecen empresas de referencia en múltiples sectores, contactar directamente cos seus responsables de selección, e participar en entrevistas en liña, webinars e actividades de traballo en rede sen necesidade de desprazarse. Nas casetas virtuais haberá información detallada sobre as empresas participantes, e ofrecerase a posibilidade de interactuar cos seus responsables de selección, en encontros en liña nos que se poderán coñecer de primeira man as ofertas de emprego dispoñibles, os perfís máis demandados e as expectativas de cada organización. A feira contará tamén con dinámicas de grupo e obradoiros prácticos, así como con sesións de mentoría nas que expertos en desenvolvemento profesional orientarán persoalmente aos asistentes para resolver dúbidas sobre a súa carreira, identificar as súas fortalezas e mellorar a súa empregabilidade.
O Talentia Summit 2024 comezará o martes 12 de novembro co foro de conferencias estratéxicas Persoas con propósito impulsando a innovación. O evento reunirá a expertos e expertas de recoñecido prestixio, que compartirán a súa visión sobre os retos e oportunidades no mercado laboral actual, e abordarán temas como a dixitalización, as claves para o éxito organizacional, a conciliación laboral e as novas tendencias en captación de talento. O foro celebrarase na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
Uns días antes do comezo da feira virtual publicarase todo o catálogo de actividades dispoñibles e abriranse as inscricións para reservar prazas de forma gratuíta en talentiasummit.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?