Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC comeza a súa axenda do 25N explorando as posibilidades dunha IA máis igualitaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC comeza a súa axenda do 25N explorando as posibilidades dunha IA máis igualitaria

S. P.
Publicado: 04/11/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20241104_np_xornadas_violencia_xenero.jpgA UDC, a través dos seus diferentes centros, facultades e grupos, preparou un amplo programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se leva a cabo como cada ano este 25 de novembro. Adiantándose a esta efeméride, a Universidade trae esta semana tres xornadas divulgativas co foco posto na igualdade, o feminismo, e a lexislación contra a violencia de xénero, respectivamente. Os tres eventos serán dende este 6 de novembro ata o venres día 8 de novembro, na Facultade de Dereito da UDC (Campus de Elviña).
A primeira cita será as III Xornadas IA nesgos de xénero. Oportunidades para a igualdade, unha iniciativa promovida polo Centro de Investigación TIC da UDC (CITIC), co obxectivo de abordar o impacto da Intelixencia Artificial na discriminación e desigualdades de xénero e explorar oportunidades para promover un ámbito tecnolóxico máis xusto e menos machista. Este evento, que se leva a cabo os días 6 e 7 de novembro, contará coa participación de especialistas nacionais e internacionais que compartirán a súa visión sobre a importancia da diversidade en equipos de IA e o papel das políticas reguladoras neste ámbito. As xornadas comezarán o mércores, 6 de novembro, co acto inaugural ás 09.30 horas, a cargo do reitor da UDC, Ricardo Cao; a alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey; e o decano da Facultade de Dereito, Xulio Ferreiro. No acto inaugural tamén participarán o director do CITIC, Manuel González Penedo; e a directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC, Laura Castro.
20241104_programa_xornadas.jpgDe seguido, ás 10.00 horas, desenvolverase a conferencia Que nesgos importan? Envelenando conxunto de datos para clasificación de imaxes, impartida pola investigadora da Universidade Pública de Navarra Iris Domínguez. A continuación, Naira Bellio, membro de AlgorithmWatch, ofrecerá a charla Algoritmos ingobernables ou como investigar caixas negras. Para rematar a sesión, ás 12.30 celebrarase a mesa redonda Diversidade e tecnoloxía. Por que a IA necesita equipos inclusivos?, con Belén Valle Cao (NTTData) e Natalia Monje (Ecos do Sur). Ademais, xa pola tarde, desenvolverase un obradoiro colaborativo de Galipedia.
O xoves, 7 de novembro, as actividades comezarán ás 10:00 horas coa conferencia Píxeles, datos e neuronas, a cargo de Alba Meijide, experta en Intelixencia Artificial; seguida do relatorio Regulación da IA: desde a AI Act a outras regulacións internacionais, impartido por Belén Arribas, representante de ENATIC, IFCLA e o European Data Protection Board. Para pechar a xornada, ás 12:30 horas, celebrarase a conversa O papel da Administración na era da IA, con Javier Torres Gella, secretario xeral da AESIA; e Bertha Guijarro, profesora Titular da Área de Ciencia da Computación e IA da UDC.
En palabras da UDC, “estas xornadas permitirán reflexionar sobre os nesgos presentes nos sistemas de IA e promover o diálogo sobre a necesidade de equipos de desenvolvemento inclusivos que representen a diversidade da sociedade”. Ademais, trataranse as políticas de regulación actuais e o papel das administracións públicas na supervisión e control de aplicacións das ferramentas intelixentes.
O xoves, día 7 de novembro, a Facultade de Dereito tamén acollerá a primeira das citas da 3ª edición do ciclo de conferencias Diálogo entre Feminismos, organizado polo Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da UDC, en colaboración co Centro de Investigacións e Estudos de Xénero da Universidade Autónoma de México (UAM). A encargada de impartir este relatorio inaugural será a doutora en Estudos Feministas Paola Marugán, gañadora do Premio á mellor tese de doutoramento no Concurso Laureana Wright 2023, organizado polo citado centro de investigacións da UAM. Na súa conferencia, titulada Forcejeos con la casa grande. Terrane e Vivências do balé das Iyabás, Paola Marugán abordará a súa propia investigación doutoral: unha análise interseccional de procesos creativos, prácticas descoloniais e articulacións comunitarias. A súa intervención será ás 18:00 horas (as 11:00 horas en México), e poderá seguirse en liña nesta ligazón.
A última das tres iniciativas celebradas na UDC esta semana, no arranque das actividades conmemorativas do 25N, será este venres 8 de. Ese día, o Salón de Graos da Facultade de Dereito será sede da xornada Dúas décadas de loita: balance e perspectivas da Lei integral contra a violencia de xénero, cunha sesión, impartida de 9.30 a 12.30 horas, coa que se quere conmemorar o XX aniversario da mencionada lei. Unha normativa pioneira que supuxo un antes e un despois na loita contra este tipo de violencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?